Soviet Supremo da Unión Soviética

O Soviet Supremo da Unión Soviética (en ruso Верховный Совет СССР, Verkhóvnyj Sovét SSSR) foi o soviet supremo e como tal o corpo lexislativo superior da Unión Soviética entre 1938 e 1989 e o único con capacidade para establecer emendas constitucionais. Entre 1989 e 1991 o Congreso dos Deputados do Pobo da Unión Soviética designou os seus membros. Elixía o Presidium, formaba o Consello de Ministros, o Tribunal Supremo, e designaba o Procurador Xeral da Unión Soviética.

Soviet Supremo da Unión Soviética
Верховный Совет СССР
Datos xerais
ÁmbitoUnión Soviética Unión Soviética
Creación1938
Término1991
TipoBicameral
Sede(s)
{{{salon_sesións}}}
Sede do Soviet Supremo da Unión Soviética no Kremlin, nunha fotografía do ano 1982.

Estrutura

O Soviet Supremo compúñase de dúas cámaras, cada unha con iguais poderes lexislativos, e nas dúas os seus membros elixíanse por un período de catro anos[1].

  • O Soviet da Unión, elixido sobre a base da poboación da URSS, un deputado por cada 300.000 persoas.
  • O Soviet das Nacionalidades, representando ás nacionalidades, con 32 deputados por cada unha das repúblicas, 11 por cada república autónoma, cinco por cada oblast autónomo e unha por cada okrug autónomo

O número total de membros variou entre os 1556 de 1974 e os 542 de 1989. O Presídium levaba os asuntos do día a día do Soviet Supremo cando non estaba en sesión.

Presidente do Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética (1938–1989)

Presidente do Soviet Supremo da Unión Soviética (1989–1991)

  • Mikhail Gorbachev 25 de maio de 1989 - 15 de marzo de 1990
  • Anatoli Lukyanov 15 de marzo de 1990 - 22 de agosto de 1991

Notas

Véxase tamén


Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: