Steampunk

O steampunk é un subxénero da ficción científica, froito dun século XIX imaxinario e anacrónico, que comezou a ter auxe entre as décadas de 1980 e 1990. O termo "steam" significa vapor en lingua inglesa, xa que este movemento baséase nun futuro alternativo no que se desenvolve a mecánica e a enerxía do vapor en troques da electrónica, facendo fincapé na estética das sociedades burguesas de finais do século XIX e no estilo vitoriano.

Características

Os seus mundos están ambientados nunha época onde aínda se empregaba amplamente a enerxía do vapor —usualmente no século XIX e decote na Inglaterra vitoriana—, pero con elementos que proveñen da ciencia ficción ou da fantasía, inventos tecnolóxicos ficticios coma os das obras de H.G. Wells ou desenvolvementos tecnolóxicos reais coma os computadores. O subxénero é asociado decote co cyberpunk, co que comparte unhas bases semellantes de fans e temática de rebelión, pero coma movemento separado.

Outros exemplos de steampunk conteñen presentacións de historias cunha fasquía tipo "o que acontecería se" certa tecnoloxía fose desenvolta naquela época até as súas derradeiras consecuencias, coma os dirixíbeis, os computadores analóxicos ou os de mecánica dixital (coma a máquina analítica de Charles Babbage).

Obras literarias

  • A máquina diferencial, William Gibson e Bruce Sterling. A Factoría de Ideas 2006
  • Airborn (2003), de Kenneth Oppel
  • As portas de Anubis - Tim Powers
  • Imperio do Aceiro - Caar.H.Schitch
  • A estación da rúa perdida- China Miéville
  • A triloxía A materia escura - Philip Pullman

Outras obras

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: