Stolperstein

As Stolperstein (no plural, stolpersteine) son unha iniciativa do artista alemán Gunther Demnig iniciada en 1992, consistentes en pequenas placas de latón de 10x10 centímetros, colocadas no chan, están destinadas a conmemorar o destino de persoas que foron perseguidas, asasinadas, deportadas, expulsadas ou levadas o suicidio durante o nazismo.[1] Esta iniciativa estendeuse a máis de 30 países europeos, entre eles España, sendo considerado o monumento descentralizado máis grande do mundo.[2] O 26 de maio de 2023, colocouse a stolperstein 100.000 na cidade alemá de Nüremberg.[3] Dende o 19 de xullo de 2023, están presentes na cidade da Coruña, convertendose nas primeiras stolpersteine de Galicia.[4]

Dende 2018, existe unha variación das stolpersteine denominadas pedras da memoria, adicadas a conmemorar especificamente as vítimas do franquismo, distinguense das stolpersteine pola súa cor prateada.[1]

Antecedentes

Co gallo do 50 aniversario da deportación de 1 000 sinti e romanís de Colonia, o 6 de maio de 1990, Demming trazou as rutas polas que foron deportados cun trazador; Para os nazis, a deportación de Colonia foi un "ensaio xeral" para a deportación de xudeus. O 16 de decembro de 1992, no 50 aniversario da orde de Himmler de deportar os "xitanos" (Decreto Auschwitz), colocou unha primeira placa de bronce inscrita no pavimento fronte o histórico concello de Colonia. As primeiras liñas do decreto poden ser lidas na pedra, e o corpo oco da pedra, contiña todo o texto. Ademais, Demming participou, con esta pedra que foi vandalizada e roubada por persoas descoñecidas no 2010, na discusión sobre o dereito a residencia dos romanies que fuxiran de Iugoslavia. O 21 de maio de 2013, Demming colocou unha nova pedra fronte o concello de Colonia.

Ribadeo

Colocación das pedras da memoria en Ribadeo

O 31 de marzo de 2022, unha volta recollidos datos de rexistros públicos como o portal Nomes e Voces, colocáronse 25 pedras da memoria en Ribadeo, ás que se xuntaron 14 máis o 1 de abril[5] celebrándose ese día un acto oficial coa intervención do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez,[6] e a proxección dun vídeo sobre os represaliados ribadenses, ó que asistiron familiares (se ben con posterioridade houbo unha queixa illada).[7][8][9]

Detalle das pedras da memoria no Parque de Ribadeo

A Coruña

O 19 de xullo de 2023, A Coruña, nunha iniciativa conxunta do concello da cidade e máis a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica sumouse ó proxecto, coa colocación de 6 laxes de bronce de 10 x 10 cm para lembrar seis dos 17 deportados nesa cidade polo nazismo: Julio Martínez Arias, Leopoldo López Criado, Luis Rafales Lamarca, Eduardo Sánchez García, Adrián del Castillo e Arturo García Lagares.[4]

O acto contou coa presenza do artista creador da iniciativa, Gunter Demnig, quen instalou cada unha das pedras, familiares das vítimas, así como unha ampla representación política, encabezada por Inés Rey, alcaldesa da cidade, e representantes dos outros grupos políticos que acadaron representación na corporación local; Francisco Jorquera e Mercedes Queixas por parte do Bloque Nacionalista Galego[10] e Roberto Rodríguez por parte do Partido Popular.[11] Tamén acudiu un nutrido grupo de cidadáns, entre eles, personalidades como Manuel Rivas.[12]

Nome do homenaxeadoDirección do StolpersteinTexto do Stolperstein
Julio Martínez AriasRúa Porta de Aires, 11AQUÍ VIVIU

JULIO

MARTÍNEZ ARIAS

NACIDO 1914

EXILIADO FRANCIA

DEPORTADO 1941

MAUTHAUSEN

ASASINADO 07.09.1941

HARTEIM

Leopoldo López CriadoRúa Santiago, 15AQUÍ VIVIU

LEOPOLDO

LÓPEZ CRIADO

NACIDO 1905

EXILIADO FRANCIA

DEPORTADO 1941

MAUTHAUSEN

ASASINADO 03.11.1941

GUSEN

Luis Rafales LamarcaRúa Varela Silvari, 4AQUÍ NACEU

LUIS

RAFALES LAMARCA

NACIDO 1917

EXILIADO FRANCIA

DEPORTADO 1941

MAUTHAUSEN

ASASINADO 09.09.1941

HARTHEIM

Eduardo Sánchez GarcíaCampo de artillería, 12AQUÍ NACEU

EDUARDO

SÁNCHEZ GARCÍA

NACIDO 1913

EXILIADO FRANCIA

DEPORTADO 1941

MAUTHAUSEN

LIBERADO 05.05.1945

Adrián del Castillo SouteloRúa San Andrés, 169AQUÍ VIVIU

ADRIÁN

DEL CASTILLO

NACIDO 1906

EXILIADO FRANCIA

DEPORTADO 1941

MAUTHAUSEN

ASASINADO 29.09.1941

HARTEIM

Arturo García LagaresRúa San Andrés, 38AQUÍ NACEU

ARTURO

GARCÍA LAGARES

NACIDO 1895

EXILIADO FRANCIA

DEPORTADO 1941

MAUTHAUSEN

ASASINADO 12.07.1941

GUSEN

Notas

🔥 Top keywords: