Manuel Rivas

escritor e xornalista galego

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego[1], membro de número da Real Academia Galega dende 2009.[2] A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional,[3] a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.[4]

Infotaula de personaManuel Rivas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Manuel Rivas Barrós Editar o valor em Wikidata
26 de outubro de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCosta da Morte Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
IES Monelos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , guionista , director de cinema Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEl País (1983–2020) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa, ensaio, poesía, teatro
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de novembro de 2019Petición pública en favor dunha negociación política sobre Cataluña Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Isabel López e Mariño
FillosMartiño Rivas e Sol Rivas.
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmanuelrivas.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0729085 Twitter: rivasbarrs Bitraga: 1331 AELG: 205 Musicbrainz: 6e42e30c-7d58-49e7-8a98-f04f945576e4 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Manuel Rivas fotografado nos anos '80.

Manuel Rivas estudou no IES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio en El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid.[5] Os seus primeiros artigos remóntanse á década de 1970.

Manuel Rivas na manifestación do xuízo do Prestige en 2012.

É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois: El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo xornalístico que axudou na paralización dos verquidos radioactivos. Presentou os programas da TVG Máis alá e O mellor.

Mantén unha columna semanal no xornal El País,[6] onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais. En outubro de 2003 participou, xunto con Xurxo Souto, na reinauguración[7] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos os dous se converteron en padriños e socios de honra.

Manuel Rivas presentando dous libros.
Manuel Rivas no Culturgal 2010.

No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardoado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas.

Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista.

Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) e Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012).[8]. En 2018 publicou Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, o segundo relato baséase na "idea orixinal" escrita polo autor para a serie de televisión Vivir sin permiso.

Foi membro fundador de Greenpeace[9], polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca Máis ou coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.

É membro de número da Real Academia Galega[10]. Ingresou o 12 de decembro de 2009 a proposta de Luz Pozo Garza, Xosé Neira Vilas e Xosé Luís Axeitos, lendo o discurso A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua, [11] respondido por Xosé Luís Axeitos.

No ano 2013 fundou a revista Luzes canda a Xosé Manuel Pereiro.[12]

Vida persoal

Está casado con María Isabel López e Mariño, profesora de Economía nun instituto de ensino secundario,[13] e ten dous fillos, un home e unha muller. O fillo, Martiño Rivas, é actor.[14] A filla, Sol, é poeta[15]. Dende hai moitos anos reside en Vimianzo.[16]

Obra

Poesía

Narrativa

Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña e Portugal. O número galego inspirou o título de Un millón de vacas.

Castelán

Teatro

Literatura infanto-xuvenil

Artigos e ensaios literarios

Adicatoria de Manuel Rivas.

Castelán

Outros

Castelán

Participación en obras colectivas

Audiovisual

  • O Pregón de Monte Alto. (1998). Documento sonoro recollido nun CD que contén o pregón que o autor recitou e cantou na compaña dos Diplomáticos de Monte Alto o 4 de setembro de 1998, comercializado xunto coa obra Toxos e Flores.
  • La lengua de las mariposas. (1998). Audiolibro. Editorial Alfaguara, S.A. ISBN 84-204-9411-9.
  • Galicia, arpa de niebla, vídeo dirixido por Juan Manuel Martín de Blas e realizado por Adolfo Dufour (2000). Editrama, D.L.
  • Participación en Hay motivo nunha curtametraxe sobre o afundimento do Prestige. (2004).
  • Participación en Hai que botalos na curtametraxe chamada Punto final. (2005).
  • Vivir sin permiso (2018), serie de TV ambientada nun relato do autor.[85]

Galardóns

En outubro de 2011 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña[86].

En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.[87]

Premios xornalísticos

  • Premio de Xornalismo Puro Cora (El Progreso de Lugo) 1989
  • Premio de Xornalismo Xoán Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
  • Premio de Xornalismo Xulio Camba 2002
  • Premio Agustín Merello da Comunicación 2003: pola súa continuada actitude de responsabilidade ética ante os acontecementos que aconteceron na súa terra e no mundo. Nun entorno hostil, Manuel Rivas prestou o seu testemuño como xornalista e, tamén, como escritor. Sempre difundiu a figura do periodismo na sociedade como testemuña comprometida fronte á realidade.
  • Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego, 2009.

Premios literarios

  • Premio de Poesía Nova de O Facho, 1978.
  • Premio Leliadoura 1989.
  • Premio Torrente Ballester de Narrativa 1995.
  • Premio Nacional de Narrativa 1996.
  • Premio da Crítica Española 1989, 1998 e 2006.
  • Premio da Crítica de Galicia 1994 e 2007.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 1998.
  • Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1998.
  • Premio ONCE - Galicia á Solidariedade .
  • Premio 50 Aniversario da sección belga de Amnistía Internacional 2001.
  • Premio Cálamo Extraordinario 2006: Por cultivar todos os xéneros de xeito brillante segundo o Xurado do Premio e por ser un exemplo de responsabilidade e compromiso social.
  • VII Premio Libro do Ano 2006.
  • Premios da Asociación Galega de Editores á mellor obra e ao mellor autor 2006: Premio Ánxel Casal e Premio Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
  • XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (libro do ano) 2006.
  • Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007.
  • III Premio Xarmenta 2007 á promoción da lingua galega no Bierzo.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa e á mellor portada para adultos no 2010, por Todo é silencio.
  • Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2010, por Todo é silencio.
  • Premio da AELG 2011 (narrativa) por Todo é silencio.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos no 2012, por As voces baixas.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía no 2015, por A boca da terra.
  • Premio da Crítica de narrativa galega ao mellor libro de narrativa de 2015, por O último día de Terranova.[88][89]
  • Premio de narrativa na I Gala do Libro Galego en 2016, por O último día de Terranova.
  • Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019. Este premio quere poñer en valor as linguas de pequenos territorios e linguas minoritarias no mundo.[90]
  • Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro de Poesía do ano 2021 por O que fica fóra (Apiario).
  • Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Editado do ano 2021 por O que fica fóra (Apiario).
  • Premio da Crítica de Galicia por O que fica fóra en 2022.[91]

Premios Mestre Mateo

AnoCategoríaFilmeResultado
2012Mellor guiónTodo é silencioNomeado

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Araguas, Vicente; et al. (2003). Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237. ISBN 84-87804-40-3. 

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: