Surtsey

Surtsey (Islandés: "Illa de Surtur") é unha illa volcánica da costa sur de Islandia, que constitúe o punto máis meridional do país. Formouse nunha erupción volcánica de orixe submarina que se prolongou entre 1963 e 1967.

Surtsey
Surtsey, dezaseis días despois do comezo da erupción
Localización de Surtsey
Situación
PaísIslandia Islandia
MarOcéano Atlántico
Xeografía
Superficie1,4 km²
Punto máis alto154 m
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Surtsey
Vista aérea
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísIslandia Islandia
Localización20°36′17″O / 63.3040256609, -20.6047137915
TipoNatural
CriteriosIX
Inscrición2008 (32ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1267

A illa de Surtsey tomou o seu nome do deus do lume Surtr da Mitoloxía nórdica, e foi intensamente estudada por volcanólogos durante a súa creación. Dende a erupción, a illa converteuse nunha interesante zona de estudo para os botánicos e biólogos ao comezares a súa colonización por parte vexetación e outras especies animais. Deste xeito, foi declarada reserva natural en 1965, o goberno islandés prohibiu o acceso á illa polo seu interese científico. En 2008 foi recoñecida como patrimonio da humanidade pola Unesco.[1]

Xeoloxía

A comezos do mes de novembro de 1963 comezou a erupción a 130 metros por debaixo do nivel do mar, chegando á superficie o 14 de novembro. A erupción volcánica rematou o 5 de xuño de 1967, cando a illa chegou á súa máxima superficie, 2,7 km².[2] Dende aquela, o vento e a erosión mariña diminuíron a superficie da illa sendo no 2002 de 1,4 km²[3] e en 2019, a extensión da illa ocupaba 1,2 km². Segundo as previsións, a illa ficará reducida a uns cons e farallóns en cen anos.[4]

A dorsal que deu lugar á illa forma parte do sistema volcánico submarino das Vestmannaeyjar (Illas Westmann), as cales pertencen a unha fenda da dorsal mesoatlántica. Vestmannaeyjar tamén deu lugar á famosa erupción do Eldfell na illa Heimaey en 1973. A erupción que creou Surtsey tamén deu orixe a un conxunto de pequenas illas na chaira volcánica, como Jólnir e outros farallóns sen nome. A maioría destas pequenas illas e farallóns están a desaparecer pola erosión mariña.

Flora e fauna

O nacemento da illa permitiu observar a difusión da vida animal e vexetal nela. Xa en 1964 documentouse a chegada de mofos, bacterias e fungos, así como sementes levadas polo mar. En 1965 rexistrouse a primeira planta vascular, un exemplar de Cakile arctica. Ademais testemuñouse que bragadas de peixe como a raia (Raja batis) e que as feces de ave foron vectores de vida vexetal en Surtsey. En 1998 agromou a primeiro árbore da illa, un salgueiro (Salix phylicifolia). En 2008 existían 69 especies de plantas das que 30 son permanentes en Surtsey, calcúlase que o 9% delas foron carreadas polo vento, o 27% polo mar e o 64% polas aves e que cada ano chegan entre dúas e cinco novas especies á illa.[5]

Considérase que os primeiros insectos chegaron á illa voando por eles mesmos dende Islandia, as illas Vestmannaeyjar ou dende Europa e están documentados dende maio de 1964. Tamén se considera que algunhas especies chegaron en madeira flotante. A primeira miñoca foi rexistrada en 1993 e a primeira lesma en 1998. En 2002 os invertebrados máis numerosos eran dos grupos dos dípteros, ácaros, himenópteros e colémbolos.[6]

As primeiras aves rexistradas na illa foron araos de á branca e fulmares a principios da década de 1970. As colonias de gaivotas están asentadas dende 1984 e as de araos papagaios en 2004.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: