The Cranberries

The Cranberries foi unha banda irlandesa de rock fundada en Limerick en 1989 baixo o nome The Cranberry Saw Us polos irmáns Mike (baixo) e Noel (guitarra) Hogan xunto co batería Fergal Lawler e a cantante Niall Quinn , posteriormente substituída pola finada Dolores O'Riordan. Tivo bastante popularidade durante os anos 90 e separouse no ano 2003. Dende entón os seus membros seguiron carreiras en solitario até se reuniren outra vez en 2009. Tralo lanzamento do álbum póstumo In the End en 2019, no cabodano de Dolores O'Riordan, a banda disolveuse. A banda vendeu ao redor duns 43 millóns de discos en todo o mundo. Aínda que asociada co rock alternativo, o son da banda incluía tamén elementos do indie pop, post-punk, folk irlandés e pop rock.[1]

The Cranberries
A banda en Barcelona no 2010
OrixeBallybricken, Limerick, Irlanda
Período1989 - 2003
2009 - 2019
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Interscope, Island
MembrosDolores O'Riordan
Noel Hogan
Mike Hogan
Fergal Lawler
Antigos membrosNiall Quinn
Artistas relacionadosJetlag
Na rede
cranberries.com
IMDB: nm1504702 Facebook: TheCranberries Twitter: The_Cranberries Instagram: thecranberries MySpace: cranberriesmusic Youtube: UCb0vzLwvr7xbJgdqMzejDhw Spotify: 7t0rwkOPGlDPEhaOcVtOt9 iTunes: 122615 Last fm: The+Cranberries Musicbrainz: c98d40fd-f6cf-4b26-883e-eaa515ee2851 Songkick: 66243 Discogs: 155833 Allmusic: mn0000784814 Deezer: 196 Genius: The-cranberries Editar o valor em Wikidata

The Cranberries acadaron a fama internacional xa co seu álbum de estrea, Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?, que foi un éxito comercial ao vender uns cinco millóns de discos só nos Estados Unidos.[2] A banda sería un dos grupos de rock con máis éxito da década, vendendo só nese país ao redor dos 15 millóns de discos. The Cranberries tivo catro álbums top 20 na lista Billboard 200 (Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?; No Need to Argue; To the Faithful Departed e Bury the Hatchet[3]) e oito sinxelos top 20 na lista Modern Rock Tracks ("Linger", "Dreams", "Zombie", "Ode to My Family", "Ridiculous Thoughts", "Salvation", "Free To Decide" and "Promises").[3]

A principios de 2009, tras unha paréntese de seis anos, The Cranberries reuníronse de novo e comezaron unha xira por Norteamérica, seguida de actuacións en Latinoamérica e Europa.[4][5] O grupo gravou o seu sexto álbum Roses en maio de 2011 e publicouno en febreiro de 2012. Something Else, que versionaba cancións anteriores coa Irish Chamber Orchestra, publicouse en abril de 2017.[6]

Discografía

Álbums de estudio

ÁlbumAnoSelo
Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?1993Island Records
No Need to Argue1994Island Records
To the Faithful Departed1996Island Records
Bury the Hatchet1999Island Records
Wake Up and Smell the Coffee2001MCA
Roses2012Downtown
Something Else2017BMG
In the End2019BMG

Álbums ao vivo

  • Bualadh Bos – The Cranberries Live - 2010 (Island Def Jam)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: