Toy Story 4

Toy Story 4 é un filme estadounidense de 2019 producido por Pixar Animation Studios para Walt Disney Pictures. É o cuarto título da serie Toy Story, sendo a secuela de Toy Story 3 (2010). Foi dirixido por Josh Cooley (no seu debut como director) a partir dun guión de Andrew Stanton e Stephany Folsom; os tres concibiron a historia xunto con John Lasseter, Rashida Jones, Will McCormack, Valerie LaPointe e Martin Hynes.[2] Tom Hanks, Tim Allen, Annie Potts, Joan Cusack, Don Rickles, Wallace Shawn, John Ratzenberger, Estelle Harris, Blake Clark, Bonnie Hunt, Jeff Garlin, Kristen Schaal e Timothy Dalton retoman os papeis que interpretaron nos filmes anteriores. Tony Hale, Keegan-Michael Key, Jordan Peele, Christina Hendricks, Keanu Reeves e Ally Maki poñen as voces dos novos personaxes.

Toy Story 4
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalToy Story 4
DirectorJosh Cooley
Produtor
  • Mark Nielsen[1]
  • Jonas Rivera
Guión
  • Andrew Stanton
  • Stephany Folsom
Baseado enHistoria orixinal de
John Lasseter
  • Andrew Stanton[2]
  • Josh Cooley
  • Valerie LaPointe
  • Rashida Jones
  • Will McCormack
  • Martin Hynes
  • Stephany Folsom
Intérpretes
MúsicaRandy Newman[3]
Fotografía
  • Patrick Lin
  • Jean-Claude Kalache
MontaxeAxel Geddes
Estudio
DistribuidoraWalt Disney Studios
Motion Pictures
EstreaEl Capitan Theatre: 11 de xuño de 2019
21 de xuño de 2019
Duración100 minutos[4]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Orzamento200 millóns de dólares[5]
Recadación1 073 millóns de dólares[6][7]
Filme anteriorToy Story 3
Na rede
https://www.pixar.com/toy-story-4 e https://www.disney.co.jp/movie/toy4.html
IMDB: tt1979376 Filmaffinity: 160410 Allocine: 218956 Rottentomatoes: m/toy_story_4 Mojo: pixar2017 Allmovie: v620009 TCM: 2073297 Metacritic: movie/toy-story-4 TV.com: movies/toy-story-4
Twitter: toystory Instagram: toystory Editar o valor em Wikidata

O filme segue os eventos de Toy Story 3, co Sheriff Woody, Buzz Lightyear e o seu grupo de xoguetes amigos vivindo con Bonnie. Ó grupo únese Forky, un garfo que Bonnie converteu nun xoguete. O filme está adicado a Rickles e ó animador Adam Burke, que morreron o 6 de abril de 2017 e o 8 de outubro de 2018 respectivamente.[8][9]

Toy Story 4 estreouse o 11 de xuño de 2019 nos Ánxeles, California, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos de América o 21 de xuño de 2019, en RealD 3D, Dolby Cinema e IMAX. Recadou 1 073 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no título con maior recadación da franquía, no oitavo filme con maior recadación de 2019, e no número 30 de tódolos tempos. Recibiu críticas positivas pola súa historia, humor, emoción, banda sonora, animación e interpretacións. Na 92ª edición dos Óscar, foi nomeado á mellor canción orixinal e gañou o Óscar ó mellor filme de animación.[10][11]

Personaxes

  • Tom Hanks como Woody
  • Tim Allen como Buzz Lightyear
  • Annie Potts como Bo Peep
  • Tony Hale como Forky
  • Keegan-Michael Key como Ducky
  • Jordan Peele como Bunny
  • Madeleine McGraw como Bonnie
  • Christina Hendricks como Gabby Gabby
  • Keanu Reeves como Duke Caboom
  • Ally Maki como Giggle McDimples
  • Jay Hernandez como pai de Bonnie
  • Lori Alan como nai de Bonnie
  • Joan Cusack como Jessie
  • Wallace Shawn como Rex
  • John Ratzenberger como Hamm
  • Blake Clark como Slinky Dog
  • Don Rickles como Mr. Potato Head
  • Estelle Harris como Mrs. Potato Head
  • Jeff Pidgeon como Aliens
  • Bonnie Hunt como Dolly
  • Kristen Schaal como Trixie
  • Timothy Dalton como Mr. Pricklepants
  • Jeff Garlin como Buttercup
  • Emily Davis como Billy, Goat e Gruff
  • John Morris como Andy
    • Jack McGraw como Andy de neno
  • Laurie Metcalf como nai de Andy
  • June Squibb como Margaret
  • Carl Weathers como Combat Carl
  • Maliah Bargas-Good como nena perdida
  • Juliana Hansen como Miss Wendy
  • Steve Purcell como Benson e The Dummies
  • Lila Sage Bromley como Harmony

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: