Tridimita

A tridimita (do grego Trydimos (tripleto) debido á formación frecuente de maclas con tres cristais) é un mineral silicatado e un polimorfo de alta temperatura do cuarzo. Áchase apenas en rochas magmáticas efusivas ácidas de alta temperatura (riolitas, obsidianas, traquitas, andesitas e dacitas). Tamén pode ser encontrado en meteoritos. Xeralmente está asociada á cristobalita.

Tridimita
Fórmula químicaSiO2
CorIncoloro ou branco
BrilloVítreo
Dureza6.5–7 (escala de Mohs)
FracturaConcoidal
RaiaBranca
Densidade2.28 g/cm³

A tridimita foi descrita por primeira vez en 1868. A tridimita tipo sitúase en Hidalgo, México.

Usos

A tridimita emprégase na area para moldes de fundición; na fabricación de vidro, esmalte, saponáceos, dentífricos, abrasivos, lixas, fibras ópticas, refractarios, cerámica, produtos electrónicos e reloxos; na industria de ornamentos; na fabricación de instrumentos ópticos; e na fabricación de vaixelas químicas; entre outros usos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: