Trinity College (Cambridge)

O Trinity College é un dos colleges que constitúen a Universidade de Cambridge en Cambridge, Inglaterra. O Trinity College ten máis membros ca ningún outro college en Cambridge ou Oxford, cuns 660 estudantes, 430 estudantes de posgrao e máis de 160 profesores e membros do college[1]. É tamén o máis rico dos college de Oxbridge[2], cun un orzamento de aproximadamente 700 millóns de libras (en 2005[3]), ademais dos seus terreos, que están asegurados en, aproximadamente, 266,5 millóns de libras (isto non inclúe todos os activos fixos[4]). O Trinity considérase a si mesmo como "un líder mundial como institución académica cun destacado historial en educación, aprendizaxe e investigación[5] e é unha das institucións académicas mellor dotadas economicamente do mundo por estudante, cun orzamento aproximado de 60.000 libras por cada un en 2005, máis de dez veces a media (63.000 libras)[6] do resto de colleges da Universidade.

Vista do patio central do Trinity College
Escudo do Trinity College

Como o seu college irmán, o Christ Church, Oxford, foi tradicionalmente considerado como o máis aristocrático dos colleges de Cambridge - e xeralmente foi escollido como institución académica para a Familia real británica (O rei Eduardo VII, o rei Xurxo VI, o príncipe Henrique de Gloucester, o príncipe Guillerme de Gloucester e Edimburgo e o Príncipe Carlos, foron todos estudantes). A Push Guide to Which University (2005) denominou ó Trinity como "posiblemente o college máis importante de Cambridge" e foi denominada como "a máis fermosa institución educativa de Inglaterra".[7] Porén, a proporción de estudantes que veñen da escola pública e a privada igualouse, seguindo a liña doutros colleges de Cambridge. Aínda así, en 2005 tiña o dato máis baixo de alumnos provenientes da escola pública (42%) de entre os colleges, aínda que este dato varía de ano en ano[8]. A primeira vez que admitiu mulleres estudantes de licenciatura foi en 1978; e desde 1976 admítense mulleres estudantes de posgrao, e ademais o college contratou a súa primeira profesora en 1977.[9]

O college é un grande propietario de terreos, incluíndo propiedades no Porto de Felixstowe, e o Parque da ciencia de Cambridge. O Trinity ten unha grande tradición académica, tendo membros que gañaron 31 Premios Nobel (máis que moitos países, exceptuando ós Estados Unidos, Alemaña e Francia, e sen contar ó Reino Unido), cinco Medallas Fields (de matemáticas), un Premio Abel (matemáticas) e dous Premios Templeton (relixión). O Trinity ten moitos alumnos distinguidos - o máis importante deles Sir Isaac Newton. Tamén se educaron nel, seis Primeiros Ministros, máis que en ningún outro college de Cambridge.

O Trinity ten moitas sociedades, e o seu club de remo é o Primeiro e Terceiro Club náutico de Cambridge. O Baile de fin de curso do Trinity, chamado así polo Club náutico, é o máis grande de tradicional dos Bailes de final de curso que se celebran en Cambridge.

A primeira versión formal das regras do fútbol, coñecidas como as Regras de Cambridge, foron feitas polos estudantes de Cambridge, representantes das escolas privadas líderes, no Trinity College no ano 1848.[10]

Historia

O college foi fundado por Henrique VIII en 1546, a partir da fusión de dous colleges anteriores: Michaelhouse (fundado por Hervery de Staton en 1324), e King's Hall (establecido por Eduardo II en 1317 e refundado por Eduardo III en 1337).

Naquel momento, Enrique estaba erradicando igrexas e apoderándose das terras dos mosteiros e abadías. As universidades de Oxford e Cambridge, sendo ambas relixiosas e bastante ricas, esperaban ser as próximas en ser disoltas. O rei deliberadamente aprobou unha Lei no Parlamento que lle permitía confiscar os bens de calquera college que quixera.

As universidades usaron todos os seus contactos para convencer á sexta muller do rei, Catalina Parr. A raíña convenceu o seu marido para que non cerrase as universidades, senón que crease un novo college. O rei non quería usar os fondos reais, e insistiu en combinar dous colleges (King's Hall e Michaelhouse) e sete hostais (Physwick (que formaba parte do Gonville e Caius College, Cambridge), Gregory's, Ovyng's, Catherine's, Garratt, Margaret's, e Tyler's) para formar o Trinity College. Isto, combinado coas terras confiscadas á Igrexa, converteu ó Trinity no college máis rico e grande.

A maioría dos máis grandes edificios datan dos séculos XVI e SVII. Thomas Nevile, que se convertey no director do Trinity en 1593, reconstruíu e redeseñou a maior parte do college. Estas obras incluían a ampliación e terminación do Great Court (o Gran Patio) e a construción do Nevile's Court (Patio de Nevile) entre o Great e o río Cam. O Nevile's Court completouse a finais do século XVII cando a Biblioteca Wren, deseñada por Christopher Wren, se construíu.

No século XX, o Trinity College e o King's College foron durante décadas os principais terreos de recrutamento para os Apóstolos de Cambridge, unha sociedade segreda, intelectual e de elite.

O nome completo do college é The College of the Holy and Undivided Trinity in the Town and University of Cambridge.

Os edificios e terreos

O Hostal do Rei (1377-1416, varios arquitectos)

Encóntrase no norte do Great Court, detrás da Torre do Reloxo, é (xunto coa Porta do Rei) os únicos restos do desaparecido King's Hall.

A Grande Porta

É a entrada principal ó college, conduce ata o Great Court. Unha estatúa do fundador do college, Henrique VIII encóntrase nun nicho sobre a porta. Na súa man sostén a pata dunha cadeira no lugar da espada tradicional, hai varios mitos sobre quen e como se levaron a espada. En 1704, o primeiro observatorio astronómico da Universidade construíuse no tellado da porta. Debaixo da estatua do fundador está o escudo de armas de Eduardo III, o fundador do King's Hall, e cinco dos seus fillos que chegaron á madurez, así como William de Hatfield, cuxo escudo está baleiro a consecuencia de que morreu sendo moi xove e non selle concedeu un.[11]

O Great Court (principalmente construído entre 1599 e 1608, varios arquitectos)

Foi a idea mestra de Thomas Nevile, que derrubou moitos dos edificios existentes neste lugar, incluíndo case por completo os edificios do antigo college de Michaelhouse. O único edificio que quedaba foi substituído polas actuais cociñas (deseñadas por James Essex) entre 1770 e 1775. Véxase o panorama en 360º do Great Court feito pola BBC.

Neviles's Court (1614, arquitecto descoñecido)

Encóntrase entre Great Court e o río, este patio foi creado a partir dun legado do director do college, Thomas Nevile, orixinalmente a súa lonxitude era dous terzos da actual e sen contar a Biblioteca Wren. A aparencia das plantas superiores foi remodelada lixeiramente dos séculos despois.

O Hostal do Bispo (1671, Robert Minchim)

É un edificio illado ó suroeste do Great Court, e chamalo así na honra de John Hacket, Bispo de Lichfield e Coventry. Construíronse varios edificios adicionais en 1878 deseñados por Arthur Blomfield.

Biblioteca Wren (1676-1695, Christopher Wren)

Encóntrase na parte oeste do Nevile's Court, a biblioteca é unha das máis famosas e mellor dotadas de Cambridge. Entre as súas posesións máis notables hai dous dos primeiros manuscritos de William Shakespeare, un manuscrito do século XIV das Visións de Pedro o labrador, e cartas escritas por Sir Isaac Newton. Debaixo do edificio están os tranquilos claustros da Biblioteca Wren, onde os estudantes poden gozar dunha preciosa vista do Gran Salón diante deles, e do río xusto detrás deles.

O New Court (o King's Court; 1825, William Wilkins)

Encóntrase ó sur do Nevile's Court, e foi construído en estilo gótico-tudor, este patio é famoso pola súa grande árbore central. Algunhas veces circula o mito de que, foi desta árbore de onde caeu a maza que golpeou a Newton na cabeza e descubriu a teoría da gravidade, porén Newton encontrábase en Grantchester cando a descubriu. Naquela época construíronse moitos outros New Courts para poder acoller ós novos estudantes.

Whewell's Courts (1860 e 1868, Anthony Salvin)

Encóntrase cruzando a rúa desde o Great Court, estes dous patios foron pagados completamente por William Whewell, para entón director do College. O lado norte foi posteriormente derrubado por W.D. Caroe.

Angel Court (1957-1959, H. C. Husband)

Encóntrase entre o Great Court e Trinity Street.

Edificio Wolfson (1968-1972, Asociación de arquitectos)

Encóntrase ó sur do Whewell's Court, no alto dun podio por enriba das tendas, este edificio aseméllase a un cigurat revestido con ladrillos, e se usa exclusivamente para o aloxamento de estudantes de primeiro ano. Remodelouse durante o ano académico 2005-2006.

Alumnos famosos

NomeNacementoDefunciónProfesión
Francis Bacon15611626Filósofo
John Dryden16311700Poeta, crítico literario e dramaturgo
Sir Isaac Newton16431727Físico, filósofo, inventor, alquimista e matemático
Lord Byron17881824Poeta
Charles Babbage17911871Matemático
William Fox Talbot18001877Inventor, fotógrafo, arqueólogo, botánico, filósofo, filólogo, matemático e político
Lord Tennyson18091892Poeta
Sir Francis Galton18221911Polímata, antropólogo, xeógrafo, explorador, inventor, meteorólogo, estatístico e psicólogo
James Clerk Maxwell18311879Físico
Lord Nathan Mayer Rothschild18401915Banqueiro, político,
Lord Rayleigh18421919Físico e profesor universitario
Arthur Balfour18481930Político e estadista
Ernest Rutherford18711937Físico e químico
Bertrand Russell18721970Filósofo, matemático e escritor
Niels Bohr18851962Físico
Srinivasa Ramanujan18871920Matemático
Jawaharlal Nehru18891964Primeiro Primeiro Ministro da India
Ludwig Wittgenstein18891951Filósofo austríaco
Amartya Sen1933Economista
Jorge Reynolds Pombo1937Enxeñeiro, Inventor
Terry Eagleton1943Crítico literario
Carlos, Príncipe de Gales1948Príncipe
Justin Welby1956Actual Arcebispo de Canterbury

Premios Nobel

NomeCampoAno
Lord RayleighFísica1904
Sir Joseph John (J. J.) ThomsonFísica1906
Lord RutherfordQuímica1908
Sir William BraggFísica1915
Sir Lawrence BraggFísica1915
Charles Glover BarklaFísica1917
Niels BohrFísica1922
Francis AstonQuímica1922
Archibald V. HillMedicina1922
Sir Austen ChamberlainPaz1925
Owen Willans RichardsonFísica1928
Frederick Gowland HopkinsMedicina1929
Edgar Douglas AdrianMedicina1932
Sir Henry DaleMedicina1936
George Paget ThomsonFísica1937
Bertrand RussellLiteratura1950
Ernest WaltonFísica1951
Richard SyngeQuímica1952
Sir John KendrewQuímica1962
Sir Alan HodgkinMedicina1963
Sir Andrew HuxleyMedicina1963
Brian David JosephsonFísica1973
Sir Martin RyleFísica1974
James MeadeEconomía1977
Pyotr KapitsaFísica1978
Walter GilbertQuímica1980
Sir Aaron KlugQuímica1982
Subrahmanyan ChandrasekharFísica1983
James MirrleesEconomía1996
John PopleQuímica1998
Amartya SenEconomía1998
Venkatraman RamakrishnanQuímica2009

Primeiros ministros que estudaron no Trinity

NomePartidoAno
Spencer PercevalTory1809-1812
Charles GreyWhig1830-1834
William LambWhig1834-1841
Arthur BalfourConservador1902-1905
Henry Campbell-BannermanLiberal1905-1908
Stanley BaldwinConservador1923-1924
1924-1929
1935-1937

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: