Srinivasa Ramanujan

matemático indio

Srinivāsa Aiyangār Rāmānujan (en támil : ஸ்ரீனிவாஸ ஐயங்கார் ராமானுஜன்; tamén coñecido coa grafía inglesa Srinivasa Ramanujan Iyengar o simplemente como Ramanujan), nado en Erode o 22 de decembro de 1887 e finado en Kumbakonam o 26 de abril de 1920 foi un matemático autodidacta indio.

Infotaula de personaSrinivasa Ramanujan

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ta) சீனிவாச இராமானுசன் Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Erode (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1920 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Kumbakonam (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Amebíase Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeRaj Británico Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College (1914–1916)
Pachaiyappa's College (en) Traducir - sen valor (1906–1907)
Government Arts College, Kumbakonam (en) Traducir - sen valor (1904–1905)
Town Higher Secondary School (en) Traducir (1898–1904)
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Tese académicaHighly Composite Numbers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1915 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseGodfrey Harold Hardy e John Edensor Littlewood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCombinatoria, teoría de números e matemático Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTrinity College (1916–1919)
Chennai Port (en) Traducir (1912–1914) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJohn Edensor Littlewood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJanakiammal
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Ramanujan-1 Find a Grave: 21850 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Cunha mínima educación académica en matemáticas puras fixo contribucións extraordinarias á análise matemática, á teoría dos números, ás series e ás fraccións continuas. Ramanujan desenvolveu inicialmente a súa propia investigación matemática en forma illada que foi rapidamente recoñecida polos matemáticos indios. Cando as súas habilidades se fixeron evidentes para unha comunidade matemática máis ampla, centrada nese momento en Europa, comezou a súa célebre colaboración co matemático británico G. H. Hardy. Redescubriu teoremas coñecidos previamente, ademais de producir moitos outros novos.

Durante a súa curta vida, Ramanujan foi capaz de recompilar independentemente case 3900 resultados (na súa maioría identidades e ecuacións).[1] Case todas as súas achegas demostráronse correctas, aínda que algunhas xa eran coñecidas previamente.[2] Logrou resultados que eran á vez orixinais e moi pouco convencionais, como os números primos de Ramanujan e a función theta de Ramanujan, que á súa vez inspiraron unha gran cantidade de investigacións.[3]

Notas

Véxase tamén

🔥 Top keywords: