Tweety Bird
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Tweety (coñecido normalmente en Galiza co nome dado nas dobraxes hispanoamericanas: Piolín) é un personaxe de debuxos animados dos estudios Warner Bros. que aparece nas series de curtas de animación Looney Tunes e Merrie Melodies. É un pardal de xénero masculino, presumiblemente un canario, contodo nalgunha referíronse a el coma un "raro espécime"; ten unha cabeza grosa e patiñas desproporcionadamente grandes. O seu inimigo na meirande parte das curtas onde aparece é o gato Silvestre (Sylvester no orixinal inglés). Malia o tamaño e as estrataxemas do seu inimigo, Tweety sempre logra ceibarse del, ben sexa polos seus propios esfuerzos, ben por mera sorte ou coa axuda da avoíña Granny (a súa dona) e incluso a do bulldog Héctor.
Durante a época dourada da animación estadounidense apareceu en 48 curtametraxes.
O seu nome en Latinoamérica e España, e por conseguinte en Galicia, é o de Piolín. Este nome alude á representación fonética do trilo ou rechouchío do pardal ou do canario (chirlo), que en inglés é "tweet" e en español "pío". Nos últimos anos comezouse a utilizar o nome orixinal "Tweety" sen deixar de utilizar a tradución orixinal. En portugués coñécese co nome Piu-piu.
O Tweety foi creado per Bob Clampett para a curtametraxe A Tale of Two Kitties, a primeira aparición do Tweety nun deseño diferente ao actual: era igualmente un paxariño mais non tiña plumas, aparecendo a súa pel de cor rosa.
En 1947, Friz Freleng dirixiu a curta Tweety Pie, que non só foi a primeira curtametraxe onde Tweety compartiría protagonismo co gato Silvestre, senón que tamén foi a curta onde se introduciu a súa imaxe difinitiva, coas plumas amarelas, para satisfacer aos censores, que non gustaban da imaxe núa do paxaro. Esta curtametraxe gañou un Oscar á mellor curtametraxe animada.
Tweety apareceu por vez primeira en 1942 na curtametraxe dirixida por Bob Clampett A Tale of Two Kitties, parodia de A Tale of Two Cities (Historia de dúas cidades) novela de 1859 de Charles Dickens. Sae tamén no filme de cinema Space Jam.
Durante a década d1 1990, Tweety tamén foi protagonista dunha serie de televisión animada titulada The Sylvester and Tweety Mysteries (Os misterios de Piolín e Silvestre), na cal a avoíña dirixía unha axencia de detectives coa axuda de Piolín e mais Silvestre.
Mel Blanc (1942-1989)
outros [1]
Na versión orixinal:I tawt I taw a puddy tat!
I did! I did taw a puddy tat! (Pareceume ver un lindo gatiño!)
Bad old puddy tat!
Poor Old Puddy Tat!
Oh, that poor scuzzy hob! He fall down, and go BOOM!
Aw, the poor puddy tat fall down!