Vandal (web)

Vandal é un sitio web galego de videoxogos fundado en 1997. É a máis antiga en lingua castelá xunto a MeriStation, e a primeira especializada en videoconsolas. Ademais dos contidos tradicionais sobre videoxogos, leva anos publicando artigos e noticias sobre hardware, entretemento e deportes electrónicos.

Vandal
O equipo Vandal no evento Barcelona Games World 2017.
O equipo Vandal no evento Barcelona Games World 2017.
TipoWeb de videoxogos e entretemento
País de orixeGalicia Galicia
ComercialSi
RexistroOpcional
Linguascastelán
Estado actualActivo
PropietarioVandal Network SL (maioritario), con participación de elespanol.com
Lanzamento30 de agosto de 1997
Na rede
https://www.vandal.net e https://vandal.elespanol.com
Facebook: vandalonline Twitter: VandalOnline Instagram: vandalnet Youtube: UCmb0LnmFYceH7toqgmUTJDA Editar o valor em Wikidata

A oficina de Vandal está situada no centro da Coruña, mentres que os editores están repartidos por toda Europa. A maioría dos seus visitantes son españois e mexicanos.[1]

Historia

Na súa fase inicial, a web Vandal.net era actualizada cada tres semanas, alterando a súa portada e seccións para preservar contidos antigos como arquivos. Porén, tras uns meses, a web comezou a actualizarse de forma regular, acabando por ter actualizacións diarias.[2]

O seu nome, Vandal, deriva do videoxogo de rol Vandal Hearts, publicado por Konami. Ao longo do tempo, a plataforma pasou de centrarse exclusivamente en PlayStation e Nintendo 64 a cubrir todas as consolas, PCs e dispositivos móbiles. Ademais, expandiu o seu alcance ao incluír contidos relacionados con hardware, entretemento e deportes electrónicos.

En abril de 2016, Vandal diversificou as súas temáticas, lanzando Vandal Sports, seguido polas seccións Ware (dedicada ao hardware) e Vandal Random (enfocada no mundo do entretemento) en 2017. Nese mesmo ano, Vandal converteuse nunha sección do diario El Español.

Nos seus 25 anos de existencia, Vandal mantívose como líder na prensa de videoxogos en castelán, acumulando máis de 5500 análises rexistradas no agregador Metacritic e formando parte do xurado de votación nos premios The Game Awards desde 2019.[3] [4]

Destácase tamén pola súa presenza en redes sociais, contando con millóns de seguidores en varias plataformas. Segundo o director Pablo Grandío, a estratexia editorial de Vandal baséase na independencia editorial, o rigor informativo, o respecto ás diferenzas e a inclusión de todos os públicos no sector do videoxogo.[1]

A Revista Vandal é socia da Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos - videoxogo.gal, e Grandío é vicepresidente da mesma.[5]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: