Wikipedia en armenio

edición da Wikipedia en lingua armenia

A Wikipedia en armenio (en armenio: Հայերեն Վիքիպեդիա) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua armenia. Foi creada en febreiro de 2003.[1]

Wikipedia en armenio
Logo da Wikipedia en armenio.
Portada da Wikipedia en armenio.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasArmenio
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento9 de xullo de 2003
Na rede
https://hy.wikipedia.org/

A Wikipedia en armenio lanzou unha opción para ler os contidos, en caso de preferilo, na ortografía tradicional (Mesrobian) no canto da ortografía reformada (Abeghian). A Wikipedia en armenio tamén dispuña dalgúns artigos paralelos en armenio occidental, falado amplamente pola diápora armenia. Porén, o 1 de abril de 2019, lanzouse a Wikipedia en armenio occidental baixo o nome Հայերէն Ուիքիփետիա.

Esta versión da enciclopedia contén 308.112 artigos e 143.370 usuarios, dos cales 516 son activos.[2]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: