WorldCat

WorldCat é o catálogo en liña da OCLC (Online Computer Library Center), considerado o meirande catálogo OPAC do mundo.[1] O seu nome provén da contracción da expresión inglesa World Catalog ('Catálogo Mundial'). Creado no ano 1971,[2] aloxa datos de máis de 10.000 bibliotecas públicas e privadas de todo o mundo. En 2005, contiña o 73% do National Union Catalog (catálogo de libros anteriores a 1956). WorldCat atópase dispoñible en moitas bibliotecas e redes informáticas das universidades e dende agosto de 2006, está dispoñible de balde a través de Internet no enderezo WorldCat.org.

Logo de WorldCat.

Permite:

  • obter a localización dun documento presente no seu catálogo,
  • obter as súas diversas edicións,
  • atopar as traducións a outras linguas,
  • obter dunha edición concreta do documento a descrición bibliográfica en diversos estilos (APA, Chicago, Harvard, MLA e Turabian), coa opción Citar/Exportar,
  • coa mesma opción, exportar a descrición bibilográfica nun estilo escollido a xestores de referencias como Endnote e RefWorks,
  • atopar puntos de venda dixital,
  • engadir unha recensión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía

🔥 Top keywords: