Saltar ao contido

Bacterium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bacterium é o nome dun xénero histórico de bacterias, que actualmente xa non se considera válido. Bacterium foi un taxon descrito en 1828 por Christian Gottfried Ehrenberg. A especie tipo deste taxón era orixinalmente Bacterium triloculare, pero as mostras perdéronse, polo que foi cambiada por Bacterium coli (hoxe coñecida como Escherichia coli).[1] En 1951 e definitivamente en 1954 o xénero Bacterium foi eliminado da taxonomía ao ser recoñecido como nomen generum rejiciendum, o que significa "nome de xénero rexeitado", o cal tamén se aplicou á familia Bacteriaceae.[2][3]

Mentres estivo en vigor, o xénero incluía a bacilos que non forman esporas cuxa relación con outras especies era escura (era un "caixón de xastre da taxonomía"). Diferenciábase daquela do xénero Bacillus, constituído por bacilos formadores de esporas (sensu Cohn 1872[4]).

O termo introducido por Ehrenberg, tomado do grego "βακτήριον" ("pequeno bastón"), acabou utilizándose dun modo máis amplo para denominar en xeral a todos os procariotas (despois separáronse as arqueas), e para denominar a un dos dominios de seres vivos, as Bacteria (bacterias).

Especieseditar a fonte

Neste antigo xénero Bacterium incluíronse moitas especies. Como o xénero foi abolido no proceso de formación do Código Bacteriolóxico non existe actualmente unha lista oficial das especies que inclúe. As que se indican nesta lista son as especies aceptadas como pertencentes ao xénero por Breed e Conn en 1935:[1]

Notaseditar a fonte

Véxase taméneditar a fonte

Outros artigoseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial