Saltar ao contido

Cairomona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha cairomona, un neoloxismo creado orixinalmente en inglés (kairomone) tomado do grego καιρός momento oportuno, e a terminación mona facendo un paralelismo co termo feromona,[1][2] é un composto semioquímico (que comunica algo), emitido por un organismo, que funciona como mediador de interaccións interespecíficas dun modo que beneficia a un individuo doutra especie que o recibe, e dana ao emisor sen este pretendelo.[3] Isto é a miúdo desvantaxoso para o produtor da substancia, aínda que outros beneficios de producir a substancia, que pode ter outras funcións, poden compensar este custo, de aí a súa persistencia no tempo evolutivo. A cairomona mellora a fitness do receptor e nese sentido diferénciase dunha alomona (que fai o contrario: beneficia ao produtor e dana ao receptor) e a unha sinomona (que beneficia a ambas as partes). O termo úsase principalmente no campo da entomoloxía (o estudo dos insectos). Propuxéronse dúas pistas ecolóxicas nas que poderían actuar as cairomonas; xeralmente indican ou unha fonte de alimento para o receptor ou a presenza dun predador, sendo isto último menos común ou polo menos menos estudado.

Usadas polos predadores para atopar presaseditar a fonte

Un exemplo disto pode verse no piñeiro ponderosa (Pinus ponderosa), que produce un terpeno chamado mirceno cando é danado polo escaravello Dendroctonus ponderosae. En vez de deter o insecto, o composto actúa sinerxicamente con feromonas de agregación do propio animal, polo que atrae a máis escaravellos á árbore.[4]

Escaravellos predadores especialistas atopan aos escaravellos Dendroctonus (as súas presas) usando as feromonas que os Dendroctonus producen. Neste caso a substancia química producida é tanto unha feromona (que serve para a comunicación entre Dendroconus) coma unha cairomona ("percibida por casualidae" por outros escaravellos). Isto descubriuse accidentalmente cando os escaravellos depredadores e outros inimigos eran atraídos accidentalmente a trampas de insectos nas que se aplicara como isco feromonas de Dendroconus.[5]

Poden usarse feromonas de diferentes clases para que funcionen como cairomonas para as especies receptores. A avespa Vespula germanica é atraída por unha feromona producida pola mosca da froita mediterránea (Ceratitis capitata) cando está nun lek (un lek é un sitio de reunión de machos para faceren a exhibición de apareamento), causando a morte dalgunhas.[6] En contraste, unha feromona de alarma (usada para comunicar a presenza dunha ameaza) producida pola formiga Iridomyrmex purpureus atrae unha araña predadora.[7]

Usadas polas presas para axustar os predadoreseditar a fonte

Algunhas presas usan compostos químicos producidos polos predadores como indicadores do nivel de risco de depredación e cambian a súa morfoloxía se ven que é necesario. O cambio de morfoloxía causado pola presenza de predadores coñécese como polifenismo inducido polo predador, e ocorre en diversos animais. Por exemplo, Daphnia cucullata forma "cascos" cando está exposta a depredadores na auga na que vive. Os seus depredadores inclúen a cladóceros (como Leptodora kindtii) e larvas de Chaoborus flavicans, un díptero. As dafnias responden ás cairomonas que detectan no ambiente duplicando o tamaño dos seus cascos protectores. Estes cambios en morfoloxía danlles máis seguridade ante os predadores.[8]

Os ratos temen instintivamente o cheiro dos seus predadores, como gatos ou ratas. Isto ocorre incluso en ratos de laboratorio que viviron illados dos predadores durante centos de xeracións.[9] Ao purificárense dous sinais químicos responsables da resposta ao medo da saliva do gato e da urina da rata, identificáronse dúas proteínas sinais homólogas: Fel d 4 (Felis domesticus alérxeno 4), o produto do xene Mup do gato, e Rat n 1 (Rattus norvegicus alérxeno 1), o produto do xene Mup13 da rata.[10][11][12] Os ratos temen o cheiro destas proteínas urinarias principais (Mups) mesmo cando as producen bacterias, pero os animais mutantes que son incapaces de detectar as Mups non mostran temor ás ratas, o que demostra a súa importancia na iniciación do comportamento do temor.[10][13] Non se sabe exactamente como as Mups de diferentes especies inician comportamentos de diferente tipo, pero as Mups de ratos e as dos predadores activan patróns únicos de neuronas sensitivas nas fosas nasais dos ratos receptores. Isto implica que o rato as percibe de xeito diferente, por medio de distintos circuítos neuronais.[10][11] Os receptores de feromonas do órgano vomeronasal responsables da detección das Mups non se coñecen, pero crese que son membros da clase V2R de receptores.[11][14]

Aplicaciónseditar a fonte

Igual que as feromonas (compostos químicos de comunicación usados nunha mesma especie), as cairomonas poden utilizarse como un 'atracticida' para atraer unha especie que é unha praga a un lugar onde se aplica un pesticida. Porén, poderían utilizarse tamén para atraer unha especie desexada. As cairomonas producidas polos hóspedes das avespas parasitas foron utilizados para intentar atraelas e mantelas en zonas agrícolas para reducir o herbivorismo doutras especies, pero isto podería ter como resultado menos ataques sobre os herbívoros que constitúen a praga se a cairomona aplicada as distrae de buscar realmente aos seus hóspedes.

Notaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial