Salif Keïta, nado o 25 de agosto de 1949 en Djoliba, é un músico e cantante de Malí coñecido como A Voz de Ouro de África. De pequeno foi marxinado pola súa condición de albino, signo de mala sorte na cultura mandinga. En 1984 trasladouse a París onde comezou a facerse coñecido. A súa música combina os ritmos tradicionais de África Occidental con influencias de Europa e América. Tamén é descendente directo de Sundiata Keïta, fundador do antigo Imperio de Malí.