Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
A Galipedia foi unha das entidades que este ano 2018 recibiu o Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua, e por iso comentouse na taberna poñer o logotipo do premio recibido na nosa portada.
Polo tanto, proponse que se modifique a portada da Galipedia para engadir o logo do premio Xoán Manuel Pintos na cabeceira, de forma que quedaría do xeito que se pode visualizar en Usuario:Elisardojm/Proba portada3. Esta portada manteríase así ata que volva a redeseñarse.
A votación terá unha duración total de 30 días (pecharase o 2 de xuño de 2018).