Órbita alta terrestre

órbita xeocéntrica de altitude superior á órbita xeoestacionaria

Unha órbita alta terrestre é unha órbita xeocéntrica cunha altitude enteiramente por riba da órbita xeoestacionaria (ou xeosincrónica, isto é, cunha altura de 35 786 quilómetros).[1] O período orbital de tales órbitas é maior que 24 horas, polo que os satélites en tales órbitas teñen un movemento aparente retrógrado. Ou sexa, mesmo se teñen unha órbita progrado (90° > inclinación ≥ 0°), a súa velocidade angular orbital é menor que a velocidade de rotación da Terra, o que causa que o seu movemento sexa visto dende a superficie terrestre como indo cara ó oeste.

Esquema de escala de órbitas terrestres baixa, media e alta
Diagrama das diferentes órbitas segundo a altura: 1. Terra. 2. Zona de órbitas baixas. 3. Zona de órbitas medias. 4. Órbita xeoestacionaria. A zona exterior a esta sería a que marca as órbitas altas, limitado só o seu tamaño pola necesidade de ser cerrada.

Exemplos de satélites en órbita alta terrestre

NomeNSSDC id.Data de lanzamentoPerixeoApoxeoPeríodoInclinación
Vela 1A[2][3]1963-039A17/10/1963101 925 km116 528 km6519 min37,8°
IBEX2008-051A19/10/200861 941 km290 906 km12 963 min16,9°

Notas

Véxase tamén

Outros artigos