Agrupación Nacionalista Galega de Narón

(Redirección desde «ANGN»)

Agrupación Nacionalista Galega de Narón foi unha agrupación electoral de carácter municipalista, independente, nacionalista e de esquerdas.

Agrupación Nacionalista Galega de Narón
Partido político local de Narón
Historia
Fundación1980
Disolución1985
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialismo
Posición políticaEsquerda

Historia

Fórmase en Narón (provincia da Coruña) para dar continuidade á coalición Unidade Galega, que acadara neste concello a alcaldía nas eleccións municipais de 1979. Nas eleccións de maio de 1983 obtén 6 concelleiros que sumados ós 5 do PSOE volven dar a alcaldía a Antonio Martínez Aneiros, alcalde na etapa anterior.En 1985, a ANGN intégrase no PSG-EG. Como consecuencia desta integración Antonio Martínez Aneiros resulta escollido deputado nas eleccións ao parlamento de galicia de 1985, pasando a ocupar o seu posto como alcalde Xoán Gato Díaz[1][2].

Referencias