A tapadeira

filme de 1976 dirixido por Martin Ritt

A tapadeira (en inglés: The Front) é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Martin Ritt. Foi escrito por Walter Bernstein e está protagonizado por Woody Allen e Zero Mostel.

A tapadeira
Ficha técnica
Título orixinalThe Front
DirectorMartin Ritt
ProdutorCharles H. Joffe
Jack Rollins
GuiónWalter Bernstein
IntérpretesWoody Allen
Zero Mostel
Michael Murphy
Herschel Bernardi
Andrea Marcovicci
Remak Ramsay
Lloyd Gough
MúsicaDave Grusin
FotografíaMichael Chapman
MontaxeSidney Levin
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea 17 de setembro de 1976
Galicia 24 de xuño de 1995 (TVG)
Duración95 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0074554 Filmaffinity: 176299 Allocine: 2954 Rottentomatoes: m/front Mojo: front Allmovie: v18774 TCM: 4587 TV.com: movies/the-front Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 24 de xuño de 1995 a través da TVG.[1]

Sinopse

Un caixeiro de bar e corretor de apostas ocasional, Howard Prince, sen grandes conviccións políticas, ten amizade cun guionista de televisión da cidade de Nova York, Alfred Miller, que sabe que está inscrito nunha lista negra anticomunista, así que lle pide a Howard que adopte a autoría dos seus guións a cambio dunha porcentaxe das ganancias. Howard acepta e comeza a gozar dos cartos e a sufrir as vicisitudes de ter que interpretar o papel de escritor estrela do canal.

Personaxes

  • Woody Allen como Howard Prince
  • Zero Mostel como Hecky Brown
  • Herschel Bernardi como Phil Sussman
  • Michael Murphy como Alfred Miller
  • Andrea Marcovicci como Florence Barrett
  • Remak Ramsay como Francis X. Hennessey
  • Marvin Lichterman como Myer Prince
  • Lloyd Gough como Herbert Delaney
  • David Margulies como William Phelps

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas