Aeroporto de Pokhara

O Aeroporto de Pokhara (IATA: PKROACI: VNPK), é un aeroporto rexional que presta servizo á cidade de Pokhara no Nepal. Foi inaugurado o 4 de xullo de 1958, e é operado polo Goberno (Autoridade de Aviación Civil do Nepal). Ofrece conexións regulares con Kathmandú e Jomsom, e temporais a Manang.

Aeroporto de Pokhara


Torre de control do aeroporto de Pokhara

IATA: PKR – ICAO: VNPK
Sumario
TipoPúblico
OperadorCivil Aviation Authority of Nepal (CAAN)
Cidade/IllaPokhara
Elevación (msnm)827 metros / 2 712 pés
Coordenadas83°58′55″L / 28.200833333333, 83.981944444444
Pista(s)
DirecciónLongoSuperficie
pésmetros
04/221 4334 701Asfalto
Fontes: Civil Aviation Authority of Nepal (CAAN)[1] e DAFIF[2]

Sitúase a tan só 2 km do centro da cidade, polo que é posible acceder a pé desde moitas zonas da mesma. A maioría de turistas estranxeiros que chegan a Pokhara fano a través deste aeroporto, en conexión desde o Aeroporto Internacional de Kathmandú.

Aeroliñas e destinos

AeroliñasDestinos
Buddha AirKatmandú, Bharatpur, Siddharthanagar [3]
Gorkha AirlinesJomsom, Katmandú
Nepal AirlinesJomsom, Katmandú, Manang[4]
Sita AirJomsom, Katmandú[5]
Simrik AirlinesJomsom, Katmandú[6]
Tara AirJomsom, Katmandú[7]
Yeti AirlinesKatmandú[8]

Accidentes e incidentes

  • O 6 de novembro de 1997: Un Avro 748-100 (9N-ACM) de Necon Air, nun voo procedente de Kathmandú, sufriu un fallo no sistema hidráulico ao aterrar no aeroporto de Pokhara e saíuse da pista. O piloto dirixiu o avión de volta á pista despois de 100 m, mais golpeou outro Avro 748 (9N-ACW), de Nepal Airways), que estaba estacionado. Non houbo vítimas mortais entre os 44 pasaxeiros e 4 tripulantes.[9]
  • O 22 de agosto de 2002: Un De Havilland Canada DHC-6 Twin Otter 300 de Shangri-La Air, nun voo de Jomsom a Pokhara, estrelouse nun outeiro que estaba cuberto polas nubes tras 3 días de choiva continua. Finaron os 3 tripulantes e os 15 pasaxeiros.[10]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas