Alberto Retuerta

futbolista español

Alberto Retuerta Cuadros, coñecido como Retu, nado en Madrid o 1 de xaneiro de 2002, é un futbolista español que xoga de lateral esquerdo no Hércules, da Segunda División RFEF.

Retu
Información persoal
NomeAlberto Retuerta Cuadros
Nacemento1 de xaneiro de 2002
Lugar de nacementoMadrid
Altura1,86 m.
PosiciónLateral esquerdo
Información de club
Club actualHércules
Número16
Carreira xuvenil
2007–2010Vicálvaro
2010–2012Rayo Vallecano
2012–2021Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2020–2022Real Madrid Castilla22(0)
2022–2024Deportivo da Coruña3(0)
2023 Hércules15(0)
2024–Hércules0(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol nas canteiras do Vicálvaro e do Rayo Vallecano e aos 10 anos ingresou na estrutura do Real Madrid.[1] Subiu polos diferentes equipos do club durante a seguinte década e con 18 anos debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, da man de Raúl, nunha vitoria por 3-1 sobre o Navalcarnero.[2] Durante esa tempada (2020/21) compaxinou o filial co equipo xuvenil, co que disputou a Copa de Campións, caendo en semifinais fronte ao Deportivo da Coruña.[3] Na seguinte campaña subiu definitivamente ao Castilla, co que disputou a nova Primeira División RFEF, xogando 10 encontros, 9 deles como titular.

En xullo de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[4] Sen minutos en liga, disputou un só partido co equipo galego na tempada, a derrota fronte ao Guijuelo na primeira rolda da Copa do Rei. En xaneiro anunciouse a súa saída ao Hércules, en calidade de cedido ata o remate da tempada.[5] No equipo alacantino, que militaba na Segunda División RFEF, recuperou protagonismo, sendo titular indiscutible no lateral esquerdo do equipo ata o final da tempada.

De regreso no Deportivo, viviu unha situación similar á da anterior campaña, disputando só 4 partidos na primeira metade da 2023/24, polo que no mercado invernal, club e xogador acordaron a rescisión do seu contrato.[6] A continuación regresou ao Hércules.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas