Albino Prada

economista galego

Albino Prada Blanco, nado en Santa Cruz (O Bolo) o 20 de febreiro de 1955[1], é un ensaísta e economista galego.

Infotaula de personaAlbino Prada

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Santa Cruz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 260159

Traxectoria

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991[2], profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega[3][4]. Editor dos Documentos[5] do Foro Económico de Galicia (2014-2018). Entre 2006-2018 foi columnista habitual de La Voz de Galicia[6]; colabora en medios como Luzes[7], Sin Permiso[8], Nós Diario[9] ou Tempos Novos.

É membro do Consello Científico[10] de Attac España.

Os seus campos de traballo céntranse na análise crítica do crecemento e desenvolvemento rexional, así como nos aspectos ambientais e sociais do mesmo. Sobre esa temática, ademais de libros e informes técnicos, ten publicado artigos académicos en revistas españolas e estranxeiras.

Obras

  • Ecología y valor. El problema ecológico en Marx, 1984, Barcelona, Revista Mientras Tanto nº 19, 1984 [11]
  • Valoración económica del patrimonio natural, como Director, 2001, A Coruña, Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza.[12][13]
  • Economía ambiental e sociedade, como coordinador editorial xunto con M. X. Vázquez Rodríguez, 2001, Santiago de Compostela, Ed. Consello da Cultura Galega[14]
  • Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do Prestige, como coordinador editorial xunto con M. X. Vázquez Rodríguez, 2004, Santiago de Compostela, Ed. Consello da Cultura Galega.[15]
  • Economía de Galicia. Situación actual y perspectivas, 2004, Santiago de Compostela, Ed. tresCtres Editores.[2]
  • Beneficios y costes sociales en la conservación de la Red Natura 2000, xunto con M. X. Vázquez e M. Soliño, 2005, Santiago de Compostela, CIEF-Fundación Caixa Galicia.[16]
  • Electricidad verde. La biomasa en los montes de Galicia, xunto con M. X. Vázquez e M. Soliño, 2006, Santiago de Compostela, CIEF-Fundación Caixa Galicia.[17]
  • Chaves da Economía Pública galega, xunto con Álvarez, X., 2006, Editorial Galaxia.[2]
  • Globalización, competencia e deslocalización, como coordinador, 2007, Santiago de Compostela, Consellería de Economía e Facenda, Xunta de Galicia [18]
  • Territorios innovadores. Diagnose dos índices de I+D+i en Galicia, xunto con X.M. García e M.A. Quintas, 2008, Ed. Consello da Cultura Galega.[19]
  • Galicia, unha economía europea, xunto con Santiago Lago Peñas, 2009, Editorial Galaxia.[2]
  • La razón en evolución, 2011, autoedición.[20][21]
  • Desarrollo sostenible en la costa gallega, xunto con M. Xosé Vázquez e Mario Soliño, 2012, Fundación NovaCaixaGalicia.[22][23]
  • Crónica desde el país de los sin alma. Rosendo Salvado en Australia (1846-1899), 2014, A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.[24]
  • Arredor de nós, 2017, autoedición dixital - Safe Creative[25]
  • Empirical Analysis of the Transformation of Economic Growth into Social Development at an International Level, con Patricio Sánchez, 2017, Revista Social Indicators Research vol. 130: 983-1003,[26]
  • Hipercapitalismo cognitivo e infomonopolios: industria 4.0 y sociedad, 2017, Fundación 1 de Mayo, Estudio nº 101,[27][28]
  • El despilfarro de las naciones, 2017, Clave Intelectual, Madrid [29][30][31]
  • Crítica del hipercapitalismo digital, 2019, Catarata, Madrid[32][33]
  • Caminos de incertidumbre. Tecnologías y sociedad, 2020, Catarata, Madrid[34]
  • El regreso de China. ¿Chimérica o Telón Digital?, 2021, Mundiediciones[35][36][37]
  • Riqueza nacional y bienestar social. Más desarrollo con menos crecimiento, 2021, Universidade de Vigo[38][39]
  • Trabajo y capital en el siglo XXI. Mutaciones, consecuencias, alternativas, 2022, Universidade de Vigo[40][41]
  • O país dos sen alma. Rosendo Salvado en Australia (1846-1899), 2022, Universidade de Vigo[42][43][44]
  • ¿Sociedad de mercado o sociedad decente?. Crítica de la gran abducción neoliberal, 2023, Universidade de Vigo[45] [46]

Recoñecementos

Premio de Ensaio da Fundación Premios da Crítica de Galicia de 1979, xunto con Abel López Rodríguez, por A outra economía galega.[47][48]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas