Alfredo Santaelena

Alfredo Santaelena Aguado, nado en Madrid o 13 de outubro de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e actualmente adestra o San Fernando, da Primeira División RFEF.

Alfredo
Información persoal
NomeAlfredo Santaelena Aguado
Nacemento13 de outubro de 1967 (56 anos)
Lugar de nacementoMadrid
Altura1,69 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualSan Fernando (adestrador)
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1987–1988Pegaso
1988–1989Getafe
1989–1993Atlético de Madrid101(4)
1993–1997Deportivo da Coruña104(3)
1997–2000Sevilla25(0)
2001–2002Getafe
2002–2003Tres Cantos Pegaso
Selección nacional
1990España sub-212(0)
Adestrador
2003–2006Tres Cantos Pegaso
2006–2007Cobeña
2007–2008Ciempozuelos
2009Ibiza-Eivissa
2009–2010Marbella
2010–2011Alcobendas Sport
2011–2012Atlético C
2012–2014Atlético B
2016–2018San Sebastián de los Reyes
2020Alcobendas Sport
2020–2022Internacional de Madrid
2022–2023Rayo Majadahonda
2023–2022San Fernando
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Como adestrador

Alfredo iniciou a súa carreira como adestrador en 2003 no mesmo club onde comezou como xogador, o Pegaso Tres Cantos. Alí permaneceu durante 3 tempadas, e na campaña 2003–04 estivo a piques de ascender ao equipo a Segunda División B. Porén, e a pesar de que o seu equipo permeneceu invicto na fase final, o dobre valor dos goles fóra de casa provocou que caese eliminado no partido final ante o Marino de Luanco (2–2).

Despois da etapa no Pegaso, foi contratado polo Cobeña en Terceira División e conseguiu o ascenso fronte ao Deportivo da Coruña B, nunha final na que o Cobeña quedou con 9 xogadores durante 25 minutos. A tempada seguinte continuou á fronte do Cobeña en Segunda B, pero non puido evitar o descenso a Terceira tras quedar en décimo oitavo lugar. Na tempada 2007–08 dirixiu ao Ciempozuelos, quedando campións do grupo VII de Terceira División, sen lograr o ascenso ao perder no último partido da eliminatoria.

O 14 de xaneiro de 2009 foi nomeado adestrador do Ibiza-Eivissa. En 2010 adestrou o Marbella.

Palmarés

Atlético de Madrid
Deportivo

Véxase tamén

Ligazóns externas