Apis florea

especie de insecto

Apis florea é unha das dúas especies de abella do mel pequenas, unha especie salvaxe que habita no sur e sueste de Asia. Ten unha distribución máis ampla que a súa especie irmá, Apis andreniformis.

Apis florea

Obreira da especie Apis florea.
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Clase:Insecta
Orde:Hymenoptera
Suborde:Apocrita
Superfamilia:Apoidea
Familia:Apidae
Subfamilia:Apinae
Tribo:Apini
Xénero:Apis
Especie:A. florea
Nome binomial
Apis florea
Fabricius, 1787
Distribución de Apis florea.
Distribución de Apis florea.

Distribución de Apis florea.

É a especie máis pequena de abellas do xénero Apis, en canto a tamaño do seu corpo.[1] Unha obreira mide tipicamente de 7–10 mm de lonxitude corporal, e a súa plena coloración é parda avermellada.[2] Unha colonia de Apis florea consiste nun só favo, que na súa parte superior rodea unha póla ou obxecto do cal se sostén.[3]

Notas