Apollo 11

misión espacial tripulada de Estados Unidos, a primeira en levar persoas á Lúa

O Apollo 11 foi unha misión espacial tripulada dos Estados Unidos cuxo obxectivo foi lograr que un ser humano camiñase na superficie da Lúa. A misión enviouse ao espazo o 16 de xullo de 1969, aluando o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (Armstrong e Aldrin) camiñasen sobre a superficie lunar. O Apollo 11 foi impulsado por un foguete Saturno V desde a plataforma LC 39A e lanzado ás 13:32 UTC do complexo de cabo Kennedy, en Florida (Estados Unidos). Oficialmente coñeceuse á misión como AS-506. A misión está considerada como un dos momentos máis significativos da historia da Humanidade e a Tecnoloxía.


Apollo 11
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión:Apollo 11
Nome dos módulos:Módulo de mando:
Columbia
Módulo lunar:
Eagle
Rampla de lanzamento:Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe:16 de xullo de 1969
13:32:00 UTC
Aluaxe:20 de xullo de 1969
20:17:40 UTC
0°40′26.69″ N
23°28′22.69″ E
Mare Tranquillitatis
Tempo AEV lunar:2 h 31 min 40 s
Tempo na superficie da Lúa:21 h 31 m 20 s
Cantidade de mostras:21,55 kg
Amaraxe:24 de xullo de 1969
16:50:35 UTC
13°19′N 169°9′O / 13.317, -169.150
Duración:8 d 03 h 18 m 35 s
Número de órbitas lunares:30
Tempo en órbitas lunares:59 h 30 min 25,79 s
Masa:MC: 30.320 kg;
ML: 16.448 kg
Foto da tripulación
E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin.
E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin.
Outras misións
Anterior misiónSeguinte misión
Apollo 10Apollo 12
Engalaxe do Apollo XI.

Tripulación

A tripulación do Apollo 11 estaba composta polo comandante da misión Neil A. Armstrong, de 38 anos; Edwin E. Aldrin Jr., de 39 anos e piloto do LEM, alcumado Buzz; e Michael Collins, de 38 anos e piloto do módulo de mando.

Tecnoloxía de transmisión

A retransmisión de imaxes dende a superficie da Lúa representou un reto técnico que había que lle sumar ó envío dos sinais de control e coordinación a e dende a Lúa e a e dende o módulo en órbita. Para logralo, necesitouse dende o deseño de novas cámaras para o módulo no chan, a cargo de Westinghouse, e para o módulo en órbita, a cargo de RCA Corporation, para resistir as condicións da viaxe, a máis de reconverter o sinal dende 320 liñas e 10 imaxes por segundo (frames per second, FPS) a 525 e 30 FPS da televisión comercial daquela.[1]

Outros detalles

A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Eagle para o módulo lunar e Columbia para o módulo de mando.

O comandante Neil Armstrong foi o primeiro ser humano que pisou a superficie da Lúa, o 20 de xullo de 1969 ás 2:56 (hora internacional UTC) ao sur do Mar da Tranquilidade (Mare Tranquillitatis), seis horas e media despois de aluar. Este fito histórico retransmitiuse a todo o planeta desde as instalacións do Observatorio Parkes (Australia). Inicialmente o paseo lunar ía ser retransmitido a partir do sinal que chegase á estación de seguimento de Goldstone (California, Estados Unidos), pertencente á Rede do Espazo Profundo, pero ante a mala recepción do sinal optouse por utilizar o sinal da estación Honeysuckle Creek, próxima a Camberra (Australia).[2] Esta retransmitiu os primeiros minutos do paseo lunar, tralos cales o sinal do observatorio Parkes foi utilizado de novo durante o resto do paseo lunar.[3] As instalacións do MDSCC en Robledo de Chavela (Madrid, España) tamén pertencentes á Rede do Espazo Profundo, serviron de apoio durante toda a viaxe de ida e volta.[4][5]

O 24 de xullo, os tres astronautas lograron unha perfecta amaraxe en augas do océano Pacífico, pondo fin á misión.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: