Arnau Canal

xogador de hóckey a patíns español
(Redirección desde «Arnau Canal Truy»)

Arnau Canal Truy, nado en Sant Hipòlit de Voltregà o 28 de febreiro de 2000, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como defensa-medio no Reus da OK Liga.

Infotaula de personaArnau Canal
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Sant Hipòlit de Voltregà, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Formouse como xogador de hóckey a patíns na canteira do Voltregà da súa vila natal, debutando co primeiro equipo na OK Liga na tempada 2018/19, con 18 anos.[1] Ao ano seguinte, integrado xa plenamente no primeiro equipo, marcou 10 goles en liga e catro na Copa WSE. As súas cifras incrementáronse nas tempadas 2020/21 e 2021/22, con 23 e 24 goles en liga respectivamente. Na segunda delas marcou ademais 10 tantos na Copa WSE, rematando como segundo máximo goleador da competición, só por detrás dos 12 do tamén catalán Martí Casas.[2]

En xullo de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Liceo coruñés, vixente campión de liga.[3] Militou unha campaña no club coruñés, acadando o subcampionato de liga. En xuño de 2023 o club anunciou que o xogador non seguiría na entidade na vindeira tempada.[4] En agosto fíxose oficial a súa chegada ao Reus.[5]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas