Astérix lexionario

álbum de banda deseñada de Astérix

Astérix lexionario[1] (en francés: Astérix légionnaire) é o décimo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado por vez primeira de forma serializada na revista Pilote nos números 368-389, en 1966,[2] e como álbum en 1967.

Astérix lexionario
Título orixinalAstérix légionnaire
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Mas-Ivars
Data de pub.Francia 1967
Galicia 1976
FormatoTapas duras
Páxinas48
ISBNISBN 84-85146-25-5
Precedido porAstérix e os normandos
Seguido porLe Bouclier Arverne
TraduciónEduardo Blanco Amor (1976)
Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar (2022)
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976.[1] A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor".[3][4] En outubro de 2022, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar para Edicións Xerais co mesmo título.[5]

Sinopse

Todo comeza cando Astérix e Obélix coñecen a Falbalá, é entón cando Obelix se namora a simple vista dela. Pouco despois chega unha mensaxe que di que Tragicomix (esposo de Falbalá) foi recrutado polos romanos para ser lexionario, é entón cando Asterix e Obelix deciden ir a Condate ao cuartel xeral da lexión Romana para que lles digan onde esta Tragicomix, hai un problema se Astérix e Obélix queren rescatar a Tragicomix deberán alistarse na lexión.

Notas