Atol Bikar

Bikar
Atol Bikar
Datos
PaísIllas Marshall Illas Marshall
Illa principal
Linguas
Poboación (2009)Deshabitado
Superficie0´5 km²
Superficie lagoa37´4 km²
Nº de illas7
Coordenadas12°14′N 170°08′L / 12.233, -170.133
Maior Altura
Localización
Localización do atol Bikar

Bikar é un atol que está composto por 7 illas que abarca medio quilómetro cadrado, rodeando unha lagoa central de 37 km², nas Illas Marshall. O atol non está habitado. Os seus illotes principais son Bikar, Jabwelo e Almani.

Debido ao seu relativo illamento das illas principais do grupo, Bikar ten unha flora e fauna en gran medida intacta que existe nun estado relativamente primitivo.

Xeografía

Atópase a 579 km. ao norte do atol de Majuro, a capital das Illas Marshall, 320 quilómetros ó SSE de Bokak, e 115 km. ao norte de Utirik, o atol máis próximo habitado. A superficie é de 0´5 km², cunha lagoa de ao redor duns 37´4 km².