Avenoiteira papuda

A avenoiteira papuda[2] (Caprimulgus ruficollis) é unha ave pertencente a orde dos caprimúlxidos.

Características

Son aves pouco estudadas, cun tamaño medio e un peso de 95 gramos[3]. Machos e femias son moi semellantes. Aínda que as plumas da cola e ás son lixeiramente maiores nos primeiros. Ademais as manchas brancas da cola e ás son máis intensas nos machos. A súa plumaxe está especialmente deseñada para a camuflaxe. Aliméntase de todo tipo de insectos, especialmente de lepidópteros[3].

Reprodución

O período de reprodución é moi longo, preto dos 110 días[3]. Os ovos ponse directamente no chan, e normalmente as postas son de dous ovos. Estes son incubados durante 16-19 días. Os polos permanecen cos pais entre 18 e 22 días[3]. As zonas de cría son espazos abertos con matogueiras baixas e dispersas. Porén os piñeirais e zonas de árbore son zonas de descanso[3].

Distribución

Ave restrinxida a zonas mornas de Europa e norte de África. A poboación europea oscila entre as 100.000 e 140.000 parellas[3], a maioría en España[3]. En España tense reducido a súa poboación preto dun 25% na primeira década do século XXI[3]. As causas son sobre todo os atropelos e á transformación dos hábitats debido á agricultura intensiva[3].

Notas