Bóveda cranial

A bóveda cranial[1] é como se denomina o espazo no cranio, dentro do neurocranio, ocupado polo cerebro. Nos humanos, a medida e a forma do cerebro poden seren afectadas pola medida da bóveda, como se mostra na craniometría, pero estudos que a relacionan coa intelixencia non encontraron ningunha evidencia concluínte.

Sección saxital dun cranio humano, mostrando a bóveda cranial

A bóveda cranial tamén é chamada a "tapa do cranio", ou mesmo a "calvaria", aínda que estes nomes refírense correctamente á porción superior do cranio soamente.

Desenvolvemento

Nos humanos a bóveda cranial está composta imperfectamente nos bebés, o cal permite que a gran cabeza humana pase a través do canal de nacemento. Durante o nacemento, os varios ósos conectados polo cartilaxe e lo ligamentos só se moverán relativamente o un ao outro. As porcións abertas entre os ósos máis importantes da parte superior da bóveda, chamadas fontanelas,[2] normalmente quedan brandas até dous anos despois do nacemento.

Cando as fontanelas pechan, a bóveda perde parte da súa plasticidade. As suturas entre os ósos[3] permanecen até os 30 ou 40 anos de idade, permitindo o crecemento do cerebro.

A medida da bóveda cranial é directamente proporcional á medida do cranio e se desenvolve de xeito temperán.[4]

A medida e a forma do cerebro e da bóveda circundante permanecen bastante plásticas a medida que o cerebro crece na nenez. En varias sociedades antigas, a forma da cabeza era alterada por razónes estéticas ou relixiosas atando teas ou táboas apertadas ao redor da cabeza durante a infancia. Non se sabe se tal deformación cranial artificial ten efecto na capacidade mental.

Evolución

Cranio de corvo pequeno, mostrando a bóveda alongada encontrada nas aves.

A bóveda cranial está composta do endocranio, que forma as partes basais, coroada polo teito do cranio nos vertebrados terrestres. Nos peixes non existe ningunha bóveda cranial perceptíbel como tal, e o cranio está composto de ósos acoplados folgadamente. [5]

A bóveda cranial como unha unidade distinta xurdiu coa fusión do teito cranial e o endocranio nos primeiros labirintodontes.[5]

Nos anfibios e réptiles a bóveda é bastante pequena e discreta, formando bóvedas apropiadas só nos mamíferos e nas aves.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos