Baix Aragó-Casp

comarca de Aragón

Baix Aragó-Casp (Bajo Aragón-Caspe en castelán e oficialmente Bajo Aragón-Caspe/Baix Aragó-Casp[1]) é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Huesca. A capital administrativa é Caspe.

Modelo:Xeografía políticaBaix Aragó-Casp
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°14′N 0°02′L / 41.23, 0.030°02′L / 41.23, 0.03
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
CapitalCaspe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie997,3 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Xeografía

Nesta comarca sitúase o encoro de Mequinenza no río Ebro, tamén chamado mar de Aragón polo seu gran tamaño.

Limita ao norte cos Monegros e o Bajo Cinca, ao oeste coa Ribera Baja del Ebro e o Bajo Martín, ao sur co Matarraña e o Bajo Aragón e ao leste coas provincias de Lleida e Tarragona. A comarca forma parte do Bajo Aragón Histórico.

Concellos

ConcelloExtensión
(km²)
Poboación (2009)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Caspe503,29.72816,9
Chiprana39,02908,4
Fabara / Favara101,61.22512,0
Fayón / Faió67,24226,4
Maella174,92.02711,9
Nonaspe / Nonasp111,41.0839,5
997,314.77513,6

Linguas

A comarca é bilingüe. Os municipios de Fabara, Fayón, Maella e Nonaspe son maioritariamente catalanofalantes, municipios que pertencen á chamada Franxa de Poñente. Os municipios de Caspe e Chiprana son castelanofalantes practicamente monolingües.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas