Bandeira de Karachay-Cherkessia

A bandeira de Karachay-Cherkessia (en ruso: Флаг Карачаево-Черкесия, en kabardino: Къэрэшей-Шэрджэсым и нып, en karachai-balkar: Къарачай Черкесияны Байрагъы) é un dos símbolos oficiais desta república federal rusa. Foi adoptado oficialmente o 26 de xullo de 1996.

Bandeira de Karachay-Cherkessia
Bandeira de Karachay-Cherkessia
Características
Proporción1:2
Adopción26 de xullo de 1996
Cores     Azul      Verde      Vermello      Branco      Amarelo

Descrición

A bandeira consta de tres barras de igual tamaño, de arriba a abaixo nas cores azul clara, verde e vermella. O azul claro simboliza a paz, a amabilidade e a tranquilidade. O verde representa a natureza, a fertilidade e a riqueza. O vermello é para a calor e a unidade do pobo de Karachay-Cherkessia. No centro da barra verde hai un círculo branco que contén o sol que sae detrás dunha montaña, que representa a paisaxe da república. Un símbolo semellante atópase na bandeira de Kabardino-Balkaria.

Esquema de cores


Esqiuema de cores
AzulVerdeVermelloAmareloBranco
CMYK100-31-0-18100-0-61-560-88-97-120-30-100-00-0-0-0
HEX#0091D1#00712C#E11A07#FFB200#FFFFFF
RGB0-145-2090-113-44225-26-7255-178-0255-255-255

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas