Biolo
Un biolo ou mainel é unha pequena abertura no teito, nunha parede ou nunha porta utilizada para fornecer luz a un cuarto[1]. Ao situárense no teito, a iluminación é moi superior á das fiestras das paredes, malia seren os biolos pequenos e abarcar un espazo polo que pode pasar con dificultade unha persoa.
Existen varios termos moi achegados con lixeiras diferenzas:
- Lucerna, abertura na parte alta dunha parede que serve para dar luz.
- Lumieira, pequena xanela aberta no teito para dar claridade e ventilar.
- Claraboia, xanela aberta no teito ou na parte alta dunha parede. Nalgunhas construcións, coma por exemplo no Panteón de Roma, a existencia dunha claraboia ten a función de aliviar o peso da cúpula.
- Bufarda, pequena abertura na parede das casas que serve para ventilar as cortes do gando ou as adegas formada normalmente por unha peza de cantaría furada ou dúas pezas que deixan entre elas unha fenda.
- Tubo de luz ou lumiduto (lightway en inglés), tubo solar que permiten levar luz solar a habitacións; non está situado xusto baixo o teito. Son captadores de luz solar natural en forma de tubo que a transmite ao interior dunha vivenda mediante un difusor. Adoita ser un tubo de metal, por exemplo aluminio, e está cuberto internamente por cristais que actúan como elemento difusor da luz.
Galería de imaxes
- Claraboia no Panteón de Roma.
- Biolo.
- Claraboias nos tellados da cidade do Porto.
- Esquema dun tubo de luz ou lumiduto.
- Claraboia con vidreiras na escaleira dun edificio.
- Lumieiras modernas.
- Claraboia redonda no Centro Cultural Banco do Brasil en Río de Xaneiro.
- Lumieira tipo velux.
- Moderno biolo en cúpula nun tellado.
- Tubo solar.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial