Bosque de Sherwood

1°04′22″O / 53.204469444444, -1.0727611111111

O bosque de Sherwood (en inglés Sherwood Forest ) é un bosque prómixo da cidade de Edwinstowe, en Nottinghamshire, Inglaterra.

Bidueiros no bosque de Sherwood.

Historia

O bosque é coñecido en todo o mundo xa que está asociado historicamente coa lenda de Robin Hood (unha lenda que se cre que ten unha certa base real). Está situado no condado de Nottighamshire, en cuxo escudo está representada a silueta de Robin Hood, e en cuxa bandeira hai un carballo do bosque de Sherwood (o Major Oak).

Extensión

As 423 hectáreas de bosque hoxe en día son os restos da grande área de caza real, que se estendía polas comarcas limítrofes.

Status

En 1969, o Consello do Condado de Nottinghamshire, que xestiona o bosque, abriu as súas portas ao público.

En 2002, o bosque de Sherwood foi designado como reserva natural nacional.[1]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos