Células COS

As células COS son unha liña celular de tipo fibroblasto derivada de tecidos de ril de mono. As células COS obtéñense por inmortalización de células CV-1[1] cunha versión do virus SV40 que pode producir o antíxeno T grande, pero ten un defecto na súa replicación xenómica.[2] A liña celular CV-1 á súa vez foi derivada a partir do ril do mono verde africano.[3]

As células COS-7 cun aumento de 40X

O acrónimo "COS" deriva de que estas células son da liña CV-1 (simia) en Orixe e portan material xenético de SV40.[2] Xeralmente utilízanse dúas formas de liñas celulares COS, que son COS-1 e COS-7.

Aplicacións

As liñas celulares COS utilízanse a miúdo en investigación biolóxica cando se estuda o virus de mono SV40. As células destas liñas son tamén a miúdo transfectadas para producir proteínas recombinantes para experimentos de bioloxía molecular, bioquímica e bioloxía celular.[4]

Cando un constructo de expresión cun promotor SV40 se introduce en células COS, o vector pode ser replicado substancialmente e se o ADN transfectado codifica unha proteína segregada, poden recuperarse ata 10 mg de proteína do subrenadante. Estas células COS están modificadas xeneticamente para producir o antíxeno T a partir do seu propio xenoma.[4][5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos