CFS Cidade de Viveiro

O Club de Fútbol Sala Cidade de Viveiro, antes coñecido como Club del Mar A Mariña Futbol Sala e Puerto Celeiro Viveiro, é un equipo de fútbol sala fundado en 1988. Actualmente xoga na Primeira Nacional "A". O club foi fundado na localidade veciña de Burela. Logo do seu ascenso á división de honra tivo que transladarse á vila de Viveiro porque o estadio de Burela non tiña a capacidade mínima esixida pola LNFS. Malia o club só se manter unha tempada na división de honra, permaneceu en Viveiro. Mantén unha gran rivalidade co Burela Pescados Rubén. Ó finalizar a tempada 2006-07 o club descendeu por falta de pagamento á LNFS.

Cidade de Viveiro
NomeClub de Fútbol Sala Cidade de Viveiro
Fundación1988
EstadioPavillón Municipal de Viveiro
Capacidade2000
PresidenteGalicia Manuel Jesús Gómez Otero
AdestradorGalicia Quico Otero
LigaPrimeira Nacional "A"
2006-200711º (división de prata da LNFS)
Na rede
http://cfscidadedeviveiro.blogspot.com.es/
Titular
Alternativo

Conta con equipos nas categorías xuvenil, cadete e benxamín.

Cadro de xogadores 2007-08

nomealcumeposición
1 Ismael Pulido LópezPulidoporteiro
12 José Bruzos JiménezBruzosporteiro
4 Iago García VázquezIago Catesmopeche
6 Bruno Rodríguez GonzálezBrunoá
8 Luís Fernando Sánchez GómezLuisferuniversal
9 Felipe García TovarCachoá-pivote
10 Juan Carlos Delgado FernándezCarlitosá
11 Christian Chao PalmeiroChristianuniversal
14 Víctor Meitín CalvoVíctorá-pivote
16 Bruno Insua GirónGiróná
17 Alejandro Solloso BermúdezSollosopivote
Pablo Baltar MartínezPablopeche

Adestrador: Francisco Ramón Gómez Otero "Quico"

Palmarés

  • Campión da división de prata 1998-99

Véxase tamén

Ligazóns externas