Cabezo Redondo
0°53′44″O / 38.6433, -0.895556
O Cabezo Redondo é un xacemento arqueolóxico da Idade do Bronce que se atopa nun cabezo a 2 km de Villena (Alacant). Non se trata dunha aldea, senón dun verdadeiro centro comarcal que estivo habitado entre os anos 1500 e 1100 a. C. e pertenceu probablemente á cultura argárica. Especúlase que as primeiras investigacións levounas a cabo Juan Vilanova i Piera cara ao 1870, aínda que foi o arqueólogo José María Soler quen comezou a estudalo sistematicamente en 1959 despois do descubrimento de varias pezas de metal (ouro, prata, cobre, etc.), chegando en 1963 o achado do Tesouro do Cabezo Redondo, que se conserva no Museo Arqueolóxico de Villena[1]. Xa entón, gran parte do xacemento perdeuse debido ás canteiras de xeso existentes na zona, aínda que desde ese ano protexeuse e estudouse a área restante. Nos últimos anos, a Universidade de Alacant, xunto coa de Valencia e Granada, leva a cabo unhas xornadas anuais dirixidas por Mauro S. Hernández Pérez e axudado por Gabriel García Atiénzar e Virginia Barciela para seguir escavando e estudando o xacemento[Cómpre referencia]. Foi incluído no Conxunto Histórico-Artístico de Villena e declarado terreo de utilidade pública en 1968.[1] No ano 2010 comezou a súa rehabilitación integral tras unha subvención do Ministerio de Cultura.[Cómpre referencia]
Cabezo Redondo | |
Vista das escavacións levadas a cabo no poboado. | |
Rexión | Comunidade Valenciana, España |
---|---|
Tipo | Xacemento arqueolóxico |
Historia | |
Material | Tesouro do Cabezo Redondo, Tear da Idade do Bronce |
Fundado | século XVI a. C. |
Abandonado | século XII a. C. |
Culturas | Cultura argárica |
Notas do sitio | |
Descuberto | Juan Vilanova i Piera (1870) |
Arqueólogos | José María Soler García, Mauro S. Hernández Pérez |
Características
O xacemento na súa orixe debía de ter un tamaño considerablemente grande, estendéndose por todo o cerro. Crese que aquí se concentrou a poboación de varios outros pequenos poboados e aldeas que existiron ao redor da antiga lagoa de Villena, xa que a súa fisionomía é distintiva dunha capital comarcal debido á súa posición central, a súa extensión, o urbanismo desenvolvido, a densidade de poboación e as intensas actividades agrícolas, gandeiras, metalúrxicas e téxtiles desenvolvidas alí.[2]
As casas encóstanse unhas a outras a modo de mazás separadas por rúas estreitas e empinadas, polas que tamén discorría a auga. As paredes das casas adoitaban estar enlucidas de vermello ou branco e no interior adoitaba aparecer un banco encostado a unha das paredes. Xunto a este banco atopábanse os fornos para traballar o metal ou o barro e os fogares para facer a comida. O teito das casas era plano e estaba lixeiramente inclinado seguindo a pendente da ladeira. Sostíñase mediante postes de madeira, algúns dos cales aínda se conservan.
As reconstrucións e remodelacións no tamaño e formas da maioría das casas explícanse polos abundantes incendios, favorecidos pola abundancia de materia orgánica no interior das casas, así como pola fraxilidade das paredes e os teitos.
As cerámicas achadas no xacemento son de gran calidade, algunha delas de complexa decoración. As características dos obxectos de óso, de pedra, ou de metal, entre os que destacan os coitelos e machadas de bronce e os adornos do mesmo metal ou de ouro e prata, indican ante unha cultura prehistórica, pero nada primitiva. Aínda que se descoñecía a escritura posuíase un elevado grao de desenvolvemento tecnolóxico e social.
Os enterramentos, atopáronse situados baixo as casas e acompañados dun rico enxoval. Uns colócanse no interior de grandes vasillas, outros nunha fosa, en ocasións rodeada de pedra, ou en pequenas covas.
Principais achados
- Tesouro do Cabezo Redondo: Composto de 35 pezas de adorno persoal (un diadema, aneis, brazaletes, colgantes, doas de colar, espirais, cintas e un pequeno lingote de ouro) que alcanzan os 150 g de peso.
- Tear da Idade do Bronce: Recuperouse un tear e 48 pesas do mesmo na campaña estival do 2008, así como distintos fragmentos de pesas que permiten sinalar que os teares prehistóricos eran verticais, e que as pesas servían para tensar.[3]
- Tesouro de Villena: Aínda que non se achou no Cabezo Redondo, senón na Rambla del Panadero, 5 km ao leste do poboado, a cronoloxía, o seu parecido ao Tesouro e a vasilla en que se achou parecen indicar que foi un ocultamento realizado por algún dos poboadores do Cabezo Redondo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Cultura argárica
- Historia de Villena
- Tesouro do Cabezo Redondo