Caderno de campo

Un caderno de campo ou diario de campo é unha ferramenta usada por investigadores de varias áreas para faceren anotacións cando executan traballos de campo. É un exemplo clásico de fonte primaria.

Caderno de campo de 1909. Notas do paleontólogo Charles D. Walcott sobre os fósiles das Lutitas de Burgess.

Usos

Os cadernos de campo son normalmente blocks de notas no que os investigadores debuxan e anotan as súas observacións. Esta ferramenta de investigación é xeralmente usada por biólogos, xeólogos, ambientólogos, xeógrafos, paleontólogos, arqueólogos, antropólogos (etnógrafos), Traballadores Sociais e sociólogos.

Exemplos

Tras servir para a elaboración de investigacións, os cadernos de campo transfórmanse en documentos, xeralmente presentes nos arquivos persoais dos académicos e, dependendo do valor histórico das súas obras, poden pasar a integrar arquivos públicos.

Autores relevantes

Os cadernos tamén son usados para facer bosquexos de debuxo, xeralmente a man alzada. En ocasións a liña entre caderno de campo, caderno de artista e caderno de laboratorio e mesmo caderno de bitácora é difusa. Algúns exemplos de autores relvantes son:

  • Os debuxos realizados polo sueco Sven Hedin nas súas viaxes por Asia.
  • O alemán Wilhelm Filchner nas súas viaxes por Asia e Antártida.
  • O español Julio Caro Baroja nas súas viaxes por España e norte de África.
  • Os cadernos de Charles Darwin nas súas viaxes polo mundo.
  • A bitácora de viaje e de apuntamentos científicos de Rosamund Georgina Lloyd e o seu esposo químico e botánico Thomas Taylor.
  • Os múltiples cadernos de Leonardo da Vinci, cinco deles conservados no Victoria and Albert Museum (V&A) en Londres.
  • Os traballos de Alfonso Rodríguez Castelao sobre as cruces de pedra na Bretaña e na Galiza.
  • O volume sobre cultura material de Xaquín Lorenzo na obra Historia de Galiza baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Caro Baroja, Julio (1979). Cuadernos de Campo. Madrid.
  • Filchner, Wilhem (1922). Zum sechsten Erdteil. Berlín.
  • Hedin, Sven (1965). Mein Leben als Zeichner. Wiesbaden.
  • Cadernos de Leonardo da Vinci, expostos no Victoria and Albert Museum (V&A) en Londres.

Outros artigos

Ligazóns externas