Campionato de Galicia de fútbol 1927/28
O Campionato de Galicia da Serie A 1927/28 foi a décimo cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1927 e rematou en decembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.[1]
Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden FC Foot-ball Club e o Unión Sporting Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña e subcampión o Celta de Vigo.[2][3]
Calendario
Primeira volta
Segunda volta
Clasificación
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Deportivo da Coruña | 10 | 7 | 2 | 1 | 21 | 9 | +12 | 16 | Clasificación para a Copa de España 1928 |
2. | Celta de Vigo | 10 | 7 | 1 | 2 | 31 | 15 | +16 | 15 | |
3. | Racing de Ferrol | 10 | 5 | 2 | 3 | 31 | 19 | +12 | 12 | |
4. | Eiriña | 10 | 3 | 2 | 5 | 16 | 25 | −9 | 8 | |
5. | Unión Sporting | 10 | 2 | 1 | 7 | 16 | 29 | −13 | 5 | |
6. | Emden FC | 10 | 1 | 2 | 7 | 12 | 30 | −18 | 4 |
Controversias
Aliñacións irregulares no Celta−Unión
No primeiro encontro do campionato xogado en Coia entre o Celta de Vigo e o Unión Sporting, no que gañaron os unionistas por 1-5, producíronse dúas aliñacións irregulares. Dunha parte, o futbolista José Villaverde, do Unión Sporting, non contaba coa ficha que o acreditaba como xogador profesional.[6] Doutra parte, Manuel Díaz, do Celta, contaba cunha ficha de xogador afeccionado, cando estaba obrigado a tela de profesional debido a que xa xogara a tempada anterior en condición de profesional no Deportivo Español de Vigo, club do que procedía.[6] Despois dunha protesta do Celta, reuniuse o Comité da Federación Galega de Fútbol e determinou cos votos a favor do Celta, do Eiriña e mais do Racing de Ferrol que os puntos en disputa fosen outorgados ó Celta.[6] Porén, a principios de decembro chegou á Real Federación Española de Fútbol un escrito co voto particular do presidente da FGF no que se solicitaba que os puntos non fosen outorgados a ningún dos dous equipos, posto que ámbolos clubs incorreran na mesma falta.[6] A RFEF decidiu que se considerase válido o resultado que se acadara inicialmente no terreo de xogo e castigou o Unión Sporting con 500 pesetas de multa por se prestar a unha combinación en prexuízo da deportividade.[2][3] A resolución, que se fixo pública en xaneiro de 1928, alterou a clasificación final do campionato, proclamándose campión o Deportivo en troques do Celta, que foi subcampión,[2][3] e afectando tamén á zona baixa, onde pasou o Unión Sporting á penúltima posición e rematou de pechacancelas o Emden FC.[3]