Campionato de Galicia de fútbol 1938/39
O Campionato de Galicia 1938/39 foi a vixésimo quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Xogouse entre os meses de febreiro e marzo de 1939. O primeiro posto no torneo outorgaba a clasificación para a Copa do Xeneralísimo, disputada por primeira vez nesa mesma tempada.
Por instrucións da Comité Executivo da RFEF de Donostia, nominalmente non foi denominado Campionato, senón Torneo eliminatorio para a Copa do Xeneralísimo.[1] Isto permitía que equipos non federados formados por militares puidesen tomar parte na competición,[2] algo que finalmente non aconteceu en Galicia, mais si noutros campionatos territoriais do resto do estado.[3] Inscribíronse inicialmente o Real Club Celta de Vigo, o Real Club Deportivo da Coruña e o Racing Club de Ferrol, mais finalmente o Celta decidiu non participar no torneo e soamente foi disputado polos dous equipos do Arco Ártabro.[4] O torneo foi disputado en forma de liga a catro voltas,[4] resultando vencedor o Racing de Ferrol.[5]
Calendario
Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 26 de febreiro | O Inferniño | Racing de Ferrol | Deportivo da Coruña | 3–0 | Informe |
2 | 5 de marzo | Riazor | Deportivo da Coruña | Racing de Ferrol | 1–2 | Informe |
3 | 12 de marzo | O Inferniño | Racing de Ferrol | Deportivo da Coruña | 3–0 | Informe |
4 | 19 de marzo | Riazor | Deportivo da Coruña | Racing de Ferrol | 0–0 | Informe |
Clasificación
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Racing de Ferrol | 4 | 3 | 1 | 0 | 8 | 1 | +7 | 7 | Clasificación para a Copa do Xeneralísimo 1939 |
2. | Deportivo da Coruña | 4 | 0 | 1 | 3 | 1 | 8 | −7 | 1 |