Cando menos o esperas

filme de 2003 dirixido por Nancy Meyers

Cando menos o esperas (en inglés: Something's Gotta Give) é un filme estadounidense de 2003 escrito, producido e dirixido por Nancy Meyers. Está protagonizado por Jack Nicholson e Diane Keaton, que intepretan a dous adultos maduros que encontran o amor malia ser completamente opostos. Keanu Reeves e Amanda Peet son os protagonistas, e Frances McDormand, Paul Michael Glaser, Jon Favreau e KaDee Strickland interpretan os papeis secundarios.

Cando menos o esperas
Ficha técnica
Título orixinalSomething's Gotta Give
DirectorNancy Meyers
ProdutorNancy Meyers
Bruce A. Block
GuiónNancy Meyers
IntérpretesJack Nicholson
Diane Keaton
Keanu Reeves
Frances McDormand
Amanda Peet
Jon Favreau
MúsicaHans Zimmer
FotografíaMichael Ballhaus
MontaxeJoe Hutshing
EstudioWaverly Films
DistribuidoraColumbia Pictures (América do Norte)
Warner Bros. Pictures (Internacional)
Estrea 12 de decembro de 2003
Galicia 18 de febreiro de 1989 (TVG)
Duración128 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia romántica
Orzamento80 millóns de dólares
Recadación266 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0337741 Filmaffinity: 658192 Allocine: 53658 Rottentomatoes: m/somethings_gotta_give Mojo: somethingsgottagive Allmovie: v291162 TCM: 535527 Metacritic: movie/somethings-gotta-give TV.com: movies/somethings-gotta-give Netlix: 60031278Editar o valor em Wikidata

O filme recibiu críticas maioritariamente positivas[2] e foi un éxito nos portelos de América do Norte, recadando máis de 266 millóns de dólares en todo o mundo.[1] Pola súa interpretación, Keaton gañou un Globo de Ouro, un Satellite, así como un nomeamento ós Premios Oscar e ó SAG á mellor actriz, entre outros recoñecementos. Nicholson tamén recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro ó mellor actor en comedia ou musical. Este foi o segundo filme de Nicholson e Keaton xuntos dende Reds en 1981.

Personaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas