Capricornus

Capricornus ou Capricornio[1] (a cabra metade peixe, símbolo , Unicode ♑) é unha das constelacións do zodíaco, chamada comunmente Capricornio sobre todo no referente á astroloxía. Aínda que ás veces se representa coma unha cabra, xeralmente engádeselle unha cola de peixe.

Capricornus
Capricornus
Nome latinoCapricornus
AbreviaturaCap
XenitivoCapricorni
SimboloxíaA Cabra
Ascensión recta21 h
Declinación−20°
Área414 graos cadrados

Rango 40°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillanteδ Cap (Deneb Algedi)

(magnitude ap. 3.0)

Choiva de meteoros
  • Alpha Capricornidas
  • Chi Capricornidas
  • Sigma Capricornidas
  • Tau Capricornidas
  • Capricornidas-Sagittaridas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +60° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Setembro

Estrelas principais

Representación medieval de Capricornus
  • α1 Capricorni e α2 Capricorni (Al Giedi ou Algiedi), binaria óptica composta por dúas estrelas de cor amarela e laranxa. α1, a menos brillante das dúas, está a algo menos de 700 anos luz de distancia, seis veces máis afastada que α2.
  • β Capricorni (Dabih), visualmente aparece coma unha estrela binaria de cor azul e amarela, separadas 3,5 arcmin. Cada unha destas compoñentes é, á súa vez, un sistema estelar múltiple.
  • γ Capricorni (Nashira), estrela branca da secuencia principal de magnitude 3,69. O seu espectro presenta liñas de absorción fortes dalgúns metais, estando clasificada como estrela Am.
  • δ Capricorni (Deneb Algedi), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 2,85, é un sistema estelar cuádruplo. A estrela principal é unha xigante ou subxigante branca.
  • ζ Capricorni, de magnitude 3,77, arquetipo de estrela de bario, unha clase de estrelas ricas non só neste elemento senón tamén noutros elementos pesados.
  • θ Capricorni, estrela branca de magnitude 4,06 situada a 158 anos luz.
  • ν Capricorni (Alshat), estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,76.
  • τ Capricorni, sistema estelar formado por dúas estrelas branco-azuladas separadas 0,4 segundos de arco. Unha terceira compoñente máis feble que se atopa a 159 segundos de arco.
  • ψ Capricorni (Pazan), estrela amarela de magnitude 4,14 algo máis quente e luminosa có Sol, situada a 48 anos luz.
  • ω Capricorni, xigante vermella de magnitude 4,12.
  • AG Capricorni (47 Capricorni), xigante vermella e variable semirregular cun brillo que oscila entre magnitude 5,9 e 6,14.
  • HD 202206, anana amarela cunha anana marrón e un planeta extrasolar.

Obxectos Notables do ceo profundo

  • M30 (NGC 7099), o cúmulo globular máis prominente da constelación, atópase a 4º ó sueste de ζ Capricorni. Está a 26.000 anos luz do Sol.
  • NGC 7103, galaxia elíptica.
  • NGC 6907, galaxia espiral barrada.

Historia

Esta constelación e unha das máis antigas do firmamento, posiblemente a máis antiga. Dende que caeu na área do ceo coñecida coma o mar, foi considerada coma unha cabra mariña (da mesma forma cás sereas). Descricións dunha cabra ou cabra-peixe pódense atopar en táboas da antiga Babilonia datadas cunha antigüidade de máis de tres mil anos. A constelación posiblemente máis antiga polo feito que no hemisferio norte o Solsticio de Inverno ocorre cando o sol esta en Capricornio. Concernente ó renacemento do sol esta rexión do firmamento é bastante importante.

E pola mesma razón, a posición máis meridional do sol, o cal é acadado no solsticio de inverno do hemisferio norte, é coñecido coma Trópico de Capricornio, termo que tamén se emprega para nomea-la liña que fai o sol no mediodía dese solsticio.

Para os primeiros Gregos o pecado acumulado ó longo do ano, causando o incremento da escuridade, xunto evidentemente co descenso do sol e a súa pausa no Solsticio, os antigos gregos refírense a esta rexión do ceo coma A Corte de Augeas, onde se considera ó sol estacionado durante o ano. A causa desta asociación co nome de Augeas non é coñecida actualmente. Quizais a asociación fose feita coas Tarefas de Hércules (ou Heracles) quen tiña que limpa-las cortes de Augeas os cales nunca foran antes limpados. A gradual acumulación de esterco podería ser sinónimo da gradual acumulación de pecados, de tódolos xeitos no período clásico grego este nome caeu en desuso.

Sinalar na precesión dos equinoccios, que no solsticio de decembro non ten lugar cando o sol está sobre Capricornio, pero astroloxicamente o período de Capricornio comeza case ó mesmo tempo có solsticio.

O planeta Neptuno foi descuberto na constelación polo astrónomo xermano Johann Galle, preto de Deneb Algedi (δ Capricorni) no 23 de setembro, 1846, o cal é moi probable xa que Capricornus ten a súa mellor visibilidade ás 4:00 de setembro.

Imaxe da constelación de Capricornus.

Mitoloxía

Capricornus representa a Amaltea metade cabra, metade peixe, que coidou e alimentou a Zeus cando este era cativo, Rea confiarallo para que o protexese do seu pai Cronos.

Segundo algúns era unha ninfa da Arcadia, para outros unha ninfa en forma de cabra. Amaltea coa súa filla Adrastea criaronna con mel e leite. Tiña uns admirables cornos que derramaban néctar e ambrosía, e cando un deles se lle quebrou, reencheronno de froitos para ofrecerllo a Zeus. É o famoso Corno de Amaltea, símbolo de abundancia e fortuna. A partir dese suceso, Zeus colocouna nunha das constelacións do ceo.

Outra versión do mito de Capricornio reza que Pan (Dionisio), deus dos cazadores e pastores é perseguido pola serpe Tifón, para escapar lanzase ó río Nilo, converténdose en peixe íbice na parte posterior é en macho cabreo na outra. Zeus admira esta estrataxema e elévao ós ceos.

Diagrama dunha forma alternativa de conecta-las estrelas da constelación Capricornus.

Visualización Gráfica

As estrelas da constelación de Capricornio poden ser conectadas dun xeito alternativo, onde graficamente se amosa unha cabra.[2]

A cabeza da cabra está formada polo triángulo de estrelas ι Cap, θ Cap, e ζ Cap. O corno da cabra está constituído polas estrelas γ Cap e δ Cap. A estrela δ Cap, na punta do corno é de terceira magnitude.

O rabo da cabra consiste nas estrelas β Cap e α2 Cap: sendo a estrela β Cap de terceira magnitude.

A pata traseira consiste nas estrelas ψ Cap e ω Cap. Ambas estrelas de cuarta magnitude. A pata dianteira esta forma pola estrela 24 Cap e unida ó corpo con η Cap.

Nesta ligazóns ofrécense máis formas de conecta-la constelaciónArquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine..

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • IC 1337

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: