Carlos Portomeñe

artesán e político galego

Carlos Anxo Portomeñe Pérez, nado en Lugo o 11 de decembro de 1968, é un artesán e político galego.

Infotaula de personaCarlos Portomeñe
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartesán , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4980139

Traxectoria

Licenciado en ciencias políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante do Partido Comunista de Galicia, foi o seu secretario xeral entre 2004 e 2012 e mais é membro do Comité Central do Partido Comunista de España.[1] Encabezou a lista da Alternativa Cidadá de Esquerdas nas eleccións municipais de 2015 en Lugo e accedeu á corporación municipal, repetindo posto nas eleccións municipais de 2019.[2] Porén, nas eleccións municipais de 2023, non revalidou a acta de concelleiro.

Artesán de profesión, realizou deseños de máscaras para diferentes espectáculos teatrais, incluíndo producións do Centro Dramático Galego.[3]

Colabora en Mundo Obrero.[4]

Obra

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas