Centenario do Deportivo

conxunto de actos para celebrar o centenario do RC Deportivo da Coruña

O Centenario do Deportivo fai referencia ao conxunto de actos celebrados ao longo de 2006 para celebrar o século de historia do RC Deportivo da Coruña, cen anos que se cumpriron exactamente o día 2 de marzo dese ano.

Partido conmemorativo

O acto central da efeméride tivo lugar o día 3 de setembro co partido correspondente ao Trofeo Juan Acuña disputado en Riazor entre dúas seleccións de xogadores e ex xogadores do conxunto herculino. Enfrontábanse por unha banda integrantes do mítico Superdépor, que recibía dez anos despois unha merecida homenaxe, e, por outra banda, unha selección de xogadores que desde os anos 60 até o momento defenderan nalgún momento as cores branquiazuis. Nos banquiños estaban respectivamente Arsenio Iglesias e Amancio Amaro. Entre as ausencias a destacar as de Miroslav Đukić, Alfredo Santaelena ou Luis Suárez.


Súper Dépor 2 – 4Veteranos do Deportivo3 de setembro de 2006, 21:00 (CET) – – Estadio de Riazor, A Coruña
Asistencia: 20.000
Árbitro: Puentes Leira
Bebeto 23' 88'
Turu Flores 39' 57'
Javi López 53'
Arturo Patiño 85'

Xogadores

Súper Dépor

Adestrador: Arsenio Iglesias.
PostoPaísXogador
POR Liaño
DEF Mariano
DEF Antonio Doncel
DEF Serna
DEF Nando
DIA Manjarín
MED José Ramón
MED Donato
MED Fran
PostoPaísXogador
DIA Claudio Barragán
DIA Bebeto
POR Canales
POR Elduayen
DIA Pedro Riesco
MED Aldana
DEF Paco Jémez
DIA Santi Francés

Veteranos do Deportivo

Adestrador: Amancio Amaro.
PostoPaísXogador
POR Songo'o
DEF Hélder
DEF Đorović
DEF Naybet
DEF Bonnissel
MED Gil
MED Jaime
MED Djalminha
MED Agulló
DIA Vicente Celeiro
DIA Radchenko
DEF Modesto
DIA "Turu" Flores
MED Jokanović
PostoPaísXogador
DIA Stojadinović
DEF Cholo
DEF Javi López
DEF Pardo
POR Buyo
DEF Piña
DEF Belló
DEF Richard
MED Lerio
MED Arturo Patiño
DEF Ballesta
MED Chema
- Villar

Outros actos

  • Emisión por parte de Correos dun selo conmemorativo do Centenario.[1][2]
  • Saída dunha camisola especial conmemorativa.[3]
  • Entre o 12 e o 14 de outubro tivo lugar Deporsaúde 2006, un congreso médico que reuniu a máis de 200 especialistas en Medicina deportiva.[4]
  • O venres 15 de decembro a ONCE dedicou El Cuponazo dese día ao Centenario do Deportivo.[5]

Notas