Cidade Libre de Danzig

A Cidade Libre de Danzig (en alemán: Free Stadt Danzig, en polaco: Wolne Miasto Gdańsk) foi unha Cidade-estado portuaria semiautónoma que existiu entre 1920 e 1939, estabelecida o 10 de xuño de 1920, na actual cidade polaca de Gdansk e cerca de 200 vilas nos arrededores (en alemán Danzig; este territorio de 1772 a 1920 formou parte de Prusia), de acordo coa Parte III, sección IX, do Tratado de Versalles.[1][2][3]

Modelo:Xeografía políticaCidade Libre de Danzig
Freie Stadt Danzig (de)
Wolne Miasto Gdańsk (pl) Editar o valor em Wikidata

HimnoFür Danzig (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°24′N 18°40′L / 54.4, 18.6618°40′L / 54.4, 18.66
CapitalGdańsk Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación366.730 Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua alemá
lingua polaca Editar o valor em Wikidata
Relixiónluteranismo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación15 de novembro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Disolución1 de setembro de 1939 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porAlemaña nazi Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
República parlamentaria Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoVolkstag (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
MoedaPapiermark Editar o valor em Wikidata

Danzig deixaba de formar parte de Alemaña (República de Weimar) e quedaba baixo a tutela da Sociedade de Nacións, concedendo a Polonia privilexios diplomáticos e económicos (Polonia exercía un protectorado sobre a cidade).

A cidade perdeu a súa condición de cidade libre tras ser recuperada polo III Reich o 2 de setembro de 1939 e posteriormente transferida a Polonia, tras o final da segunda guerra mundial.

Orixe

Cidade Libre de Danzig/Gdańsk
1920-1939.
Mapa de Polonia (II República de Polonia).

A cidade obtivo a condición de Estado semiautónomo con Napoleón I, en 1807 (República de Danzig).

Despois do Congreso de Viena, en 1815, a cidade volveu ser integrada en Prusia.

En 1920, tras o Tratado de Versalles, Danzig recuperou a súa antiga autonomía, aínda que baixo o control de Polonia e da Sociedade de Nacións.

De acordo coa convención entre Danzig e Polonia, celebrada en 1920:

De conformidade coas disposicións da Convención, Polonia será a nación responsábel da dirección dos asuntos estranxeiros e de protexer os intereses dos cidadáns da Cidade Libre de Dánzig no estranxeiro, celebrar acordos internacionais en nome da Cidade Libre, e acordar as obrigas externas de préstamos pola cidade libre, e un rexistro dos buques que enarboraran pavillón de Danzig.

O territorio da cidade libre pertencía á Segunda República de Polonia para o control aduaneiro, que se levou a cabo por funcionarios de aduanas polacos na fronteira Polonia-Danzig, na de Alemaña-Danzig, e na aduana do mar. Polonia asegurábase o dereito de exportación directa e importación de mercadorías polo porto de Danzig, mantendo o seu propio servizo Postal, de Teléfonos e Telégrafos. Polonia era dona do ferrocarril na cidade libre (excepto os tranvías).[3]

Estableceuse un Consello mixto de Navegación e para o goberno do porto de Danzig (con paridade de ambas as partes, cinco representantes de cada unha delas e o presidente designado de forma conxunta polo goberno polaco e as autoridades da Cidade Libre de Danzig), para a xestión dos portos respectivos, as instalacións portuarias e a liberdade de navegación no Vístula.

Establecemento da Cidade-estado

Billete de 20 Gulden de Danzig.

Ao finalizar a primeira guerra mundial en 1919, a cidade de Danzig convertérase nun centro de disputas territoriais.

Por un lado, Alemaña reclamaba o territorio pola súa numerosa poboación de orixe alemá e, por outro, Polonia reclamaba a cidade por ser a súa única vía de acceso ao mar Báltico.

A súa orixe legal encóntrase na sinatura do Tratado de Versalles (artigos 100-108), no cal se establecía o seguinte:

  • A cidade de Danzig non se constitúe como Estado, senón como cidade internacional libre, baixo a protección exterior de Polonia (que a representa internacionalmente e se ocupa da súa defensa exterior) segundo o Tratado Polaco-Danzig de 1920 asegurado pola Sociedade de Nacións.
  • Contaba cunan Constitución elaborada en 1922, a cal estaba garantida pola Sociedade de Nacións, que conformaban un Senado e unha Dieta.
  • No referente a Polonia, a cidade de Danzig debía garantir aos buques polacos un trato de igualdade; máis adiante, o 13 de agosto de 1932 e o 18 de setembro de 1933, estableceuse unha regulación para os buques de guerra polacos.
  • Danzig e Polonia constituían unha unión aduaneira.
  • Os ferrocarrís da cidade libre estaban asegurados para o uso polaco.
  • Danzig era unha zona franca, administrada por un Consello do Porto, composto por comisarios de ambos os lugares.
  • Diplomaticamente, Danzig non posuía ningún dereito activo de legación e o representante polaco era cualificado como Comisario Xeral, con residencia en Danzig. As relacións diplomáticas que involucrasen á cidade libre estaban baixo a dirección de Polonia previo acordo con Danzig.
  • A Sociedade de Nacións estaba a cargo da protección da cidade.[3]

Poboación

Nacionalidades

A poboación da cidade libre creceu desde 357.000 habitantes (1919) a 408.000 en 1929; de acordo co censo oficial, o 95 % eran alemáns,[4] e o resto eran maioritariamente caxubios ou polacos. De acordo con E. Cieślak, os rexistros da poboación da cidade libre amosan que en 1929 a poboación polaca estimábase en 35.000 individuos, un 9,5 % da poboación.[5]

Henryk Stępniak estima que en 1929 a poboación polaca era de ao redor de 22.000 persoas, sobre o 6 % da poboación, incrementándose até ao redor do 13 % nos anos 1930.[6] Baseandose en estimacións de voto (de acordo con Stępniak moitos polacos votaton ao católico Zentrumspartei alemán e non a partidos polacos), Stępniak estima o número de polacos na cidade entre o 25 e o 30 % dos católicos que vivían nela, ao redor do 30 ou 36 mil persoas.[7] Incluíndo ao redor dos 4.000 cidadáns polacos que estaban rexistrados na cidade, Stępniak estima que a poboación polaca era do 9,4 ao 11 % da poboación.[7] Porén, Stefan Samerski estima que ao redor do 10 % dos 130.000 católicos eran polacos.[8] Andrzej Drzycimski estima que a poboación polaca a finais dos anos 30 alcanzaba o 20 % (incluíndo os polacos que chegaron despois da guerra).[9]

Concatedral Basílica da Asunción da Boaventurada Virxe María en Danzig, coñecida como a Igrexa de Santa María.
Gran Sinagoga de Danzig.

O Tratado de Versalles requiría que o novo Estado tivera a súa cidadanía, baseada na residencia. Os habitantes alemáns perderon a súa cidadanía cos creación da Cidade Libre, pero conseguiron o dereito a recuperala ao cabo de dous anos de existencia do Estado. Ningún alemán que non renunciara á cidadanía alemá foi privado das súas propiedades nin obrigado a vivir fóra da Cidade Libre de Danzig.[3]

Poboación total por linguas o 1 de novembro de 1923
de acordo co censo da Cidade Libre de Danzig[10][11]
Nacionalidadealemánsalemáns e
polacos
polacos,
caxubios e
masurios
rusos e
ucraínos
hebreos e
yiddish
Non clasificadosTotal
Cidade de Danzig327.8271.1086.788992277335.921
Fóra de Danzig20.6665215.2392.5295801.27430.809
Total348.4931.62912.0272.6286021.351366.730
Porcentaxe95,03 %0,44 %3,28 %0,72 %0,16 %0,37 %100,00 %

Relixión

En 1924, o 54,7 % da poboación era protestante (220.731 persoas, a maioría luteranos dentro da Igrexa Evanxélica da antiga Prusia), 34,5 % eran católicos (140.797 persoas) e o 2,4 % xudeus (9.239 persoas). Outros protestantes incluían 5.604 mennonitas, 1.934 calvinistas (reformados), 1.093 baptistas, 410 da Relixión Libre (humanistas), así como 2.129 disidentes, 1.394 fieis doutras relixións e denominacións e 664 non relixiosos.[12][13] A comunidade xudía creceu desde 2.717 individuos en 1910 a 7.282 en 1927, e 10.448 en 1929, a maioría emigrantes de Polonia e Rusia, onde a discriminación era intensa e onde se viron sometidos a pogroms.[14]

Política

Altos Comisionados da Sociedade de Nacións

A diferenza dos Mandatos, que foron confiados aos países membros, a Cidade Libre de Danzig (como o Territorio do Sarre)[15] permaneceu directamente baixo a autoridade da Sociedade de Nacións. Representantes de diversos países asumiron o papel de Alto Comisionado:[16]

NomePeríodoPaís
1Reginald Thomas Tower1919–1920Reino Unido
2Edward Lisle Strutt1920Reino Unido
3Bernardo Attolico1920Reino de Italia
4Richard Cyril Byrne Haking1921–1923Reino Unido
5Mervyn Sorley McDonnell1923–1925Reino Unido
6Joost Adriaan van Hamel1925–1929Reino dos Países Baixos
7Manfredi di Gravina1929–1932Reino de Italia
8Helmer Rosting1932–1934Reino de Dinamarca
9Seán Lester1934–1936Estado Libre de Irlanda
10Carl Jakob Burckhardt1937–1939Confederación Helvética

A Sociedade de Nacións negouse a permitir que a Cidade-estado utilizara o termo de cidade hanseática como parte do seu nome oficial; esta pretensión refírese a que a cidade fora durante moitísimos anos membro da Liga Hanseática.

Goberno

Bandeira do Senado de Danzig.
Xefes de Estado da Cidade Libre de Danzing[16]
NomeAsumiu o cargoDeixou o cargoPartido
Presidentes do Senado de Danzig
1Heinrich Sahm6 de decembro de 192010 de xaneiro de 1931Nigún
2Ernst Ziehm10 de xaneiro de 193120 de xuño de 1933DNVP[17]
3Hermann Rauschning20 de xuño de 193323 de novembro de 1934NSDAP
4Arthur Karl Greiser23 de novembro de 193423 de agosto de 1939NSDAP
Presidente do Estado
5Albert Forster23 de agosto de 19391 de setembro de 1939NSDAP

A cidade libre foi gobernada polo Senado da Cidad Libre de Danzig, que era elixido pol Parlamento (Volkstag) para unha lexislatura de catro anos. O idioma oficial era o alemán,[18] aínda que o uso do polaco foi garantido pola lei.[10][19] Os partidos políticos na cidade libre correspondíanse cos partidos políticos na Alemaña de Weimar; os partidos máis influentes na década de 1920 foron o conservador Partido Nacional-Popular Alemán (DNVP), o partido Sociademócrata da Cidade Libre de Danzig e o católico Partido do Centro (Zentrum). Un partido comunista foi fundado en 1921 coas súas orixes na Liga Espartaquista e o partido comunista de Prusia oriental (provincia da que a cidade de Danzig era a capital). Varios partidos liberais e asociacións de votantes libres tamén existiron, e corncorreron ás eleccións con éxito variábel. Un partido polaco representou á minoría polaca e recibira entre o 3 % (1933) e o 6 % (1920) dos votos (en total, 4.358 votos en 1933 e 9.321 votos en 1920).[31]

Fin da autonomía

Mapa de Alemaña en 1925.

A "crise de Danzig" precedeu inmediatamente á segunda guerra mundial. Foi a última reivindicación irredentista que Adolf Hitler exixiu tras conseguir a remilitarización de Renania e a anexión de Austria (Anschluss) e os Sudetes de Checoslovaquia. A crise comeza en abril de 1939, momento elixido polo Führer para pronunciar un discurso no Reichstag no que exixía a restitución da soberanía alemá sobre Danzig, así como un ferrocarril e unha estrada extraterritoriais que cruzaran o chamado corredor polaco (que separaba a Prusia oriental do resto do territorio alemán desde o final da primeira guerra mundial como consecuencia do Tratado de Versalles).

Na madrugada do 1 de setembro de 1939, tras a negativa do goberno polaco de atender as demandas de Alemaña e da poboación alemá de Danzig, o acoirazado alemán SMS Schleswig-Holstein deu inicio á segunda guerra mundial bombardeando o forte polaco de Westerplatte nas costas do mar Báltico.[20] Un día despois, o goberno de Danzig pediu a súa anexión á Alemaña nazi baixo o lema hitleriano Danzig ist eine Deutsche Stadt und will zu Deutschland gehören (Danzig é unha cidade alemá e quere pertencer a Alemaña). Uns 10.000 polacos foron asasinados na primeira semana de ocupación[Cómpre referencia].

Contra o final da guerra, en 1945, un 90 % da cidade quedara destruída polos combates. O Exército vermello entrou en Danzig o 30 de marzo de 1945. Daquela, cerca do 90 % da poboación fuxira ou morrera, sendo digna de recordar a traxedia do transatlántico Wilhelm Gustloff.

A cidade foi cedida definitivamente a Polonia tras a Conferencia de Potsdam.

En 1947, uns 126.472 alemáns foron expulsados de Gdaṅsk e 101.873 polacos da Polonia Central e outros 26.629 da Polonia Oriental, obrigados a trasladarse á cidade polos soviéticos, que anexionaran estes territorios á URSS.[Cómpre referencia].

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: