República parlamentaria

Unha República parlamentaria ou República constitucional parlamentaria é unha forma de goberno que opera baixo un sistema parlamentario.

     Estados con república parlamentaria

En oposición á República presidencialista e a República semipresidencialista, o xefe do estado, normalmente, non ten poderes executivos reais como un Presidente executivo, xa que a maioría destes poderes fóronlle concedidos ao xefe de goberno, normalmente chamado primeiro ministro. Con todo, o xefe de estado e o xefe de goberno deben formar unha soa oficina nunha república parlamentaria (como Suráfrica ou Botswana), pero o presidente séguese elixindo do mesmo xeito que o primeiro ministro nos estados tipo Sistema de Westminster. En certas ocasións o Presidente ha de ter poder executivo legal, para levar a cabo o día a día das institucións (como en Finlandia ou Irlanda) pero non fan uso destes poderes. Algunhas repúblicas parlamentarias poderían, xa que logo, ser vistas como repúblicas cun sistema semipresidencialista, pero funcionando dunha forma parlamentaria.

Desenvolvemento histórico

As repúblicas parlamentarias prototípicas, son aquelas que proveñen de estados que previamente eran monarquías, cun monarca, ou un representante do mesmo (sobre todo nas repúblicas da Commonwealth. Así o rei ou xefe de estado foi substituído por un de elección democrática, pero mantendo a falta de poder executivo do mesmo. Existen, así mesmo, un gran número de repúblicas parlamentarias que foron países cun só partido legal, localizadas no bloque do leste ou na mesma Unión Soviética.

Lista das actuais Repúblicas parlamentarias

PaísAnteriormenteRepública parlamentaria adoptada enXefe de Estado elixido
AlbaniaEstado cun só partido1991polo parlamento, por maioría de tres quintos
AustriaEstado cun só partido1955directamente, en segunda rolda
Bangladesh[1]República Presidencialista (Parte de Paquistán)1971polo parlamento
BotswanaMonarquía Constitucional (Reino da Commonwealth)1967polo parlamento
BulgariaEstado cun só partido1947polo parlamento
CroaciaEstado cun só partido (Parte de Iugoslavia)1991directamente, en segunda rolda
ChecoslovaquiaEstado cun só partido (Parte de Checoslovaquia)1993polo parlamento, por maioría
DominicaTerritorio Británico de Ultramar1978polo parlamento, por maioría
EslovaquiaEstado cun só partido (Parte de Checoslovaquia)1993polo parlamento
EsloveniaEstado cun só partido (Parte de Iugoslavia)1991directamente, en segunda rolda
EstoniaEstado cun só partido (Parte da Unión Soviética)1992polo parlamento, por maioría de dous terzos
EtiopíaEstado cun só partido1991polo parlamento, por maioría de dous terzos
FinlandiaMonarquía Constitucional (Parte do Imperio Ruso)1919directamente, en segunda rolda
AlemañaEstado cun só partido1949pola Asemblea federal (Parlamento e delegados estatais), por maioría de dous terzos
GreciaDirectorio militar1974polo parlamento, por maioría
HungríaEstado cun só partido1990polo parlamento, por maioría absoluta
IslandiaMonarquía Constitucional (Parte de Dinamarca)1944directamente
IndiaMonarquía Constitucional (Reino da Commonwealth)1950polo parlamento e os lexisladores estatais
IraqEstado cun só partido2005polo parlamento, por maioría de dous terzos
IrlandaMonarquía constitucional (Reino da Commonwealth)1949directamente
IsraelProtectorado (Parte do Mandato británico de Palestina)1949polo parlamento, por maioría de dous terzos
ItaliaMonarquía constitucional1948polo parlamento, por maioría
LetoniaEstado cun só partido (Parte da Unión Soviética)1991polo parlamento
LituaniaEstado cun só partido (Parte da Unión Soviética)1990directamente, en segunda rolda
Macedonia do NorteEstado cun só partido (Parte de Iugoslavia)1991directamente, en segunda rolda
MauricioMonarquía Constitucional (Reino da Commonwealth)1992polo parlamento, por maioría
PoloniaEstado cun só partido1990directamente, en segunda rolda
PortugalDirectorio militar1976directamente, en segunda rolda
SerbiaEstado cun só partido (Parte de Iugoslavia)1992directamente, en segunda rolda
SingapurMonarquía Constitucional (Parte de Malaisia)1965directamente, por segunda rolda
SuízaDirectorio militar (Ocupado por Francia)1802Polo parlamento[2]
Timor OrientalDirectorio militar (Ocupado por Indonesia)1999directamente, en segunda rolda
TurquíaMonarquía absoluta (Parte do Imperio Otomán)1923polo parlamento, por maioría de dous terzos
VanuatuMonarquía Constitucional (Reino da Commonwealth)1947polo parlamento e o consello rexional de presidentes, por maioría
SuráfricaMonarquía Constitucional (Reino da Commonwealth)1961polo parlamento, por maioría
MaltaMonarquía Constitucional (Reino da Commonwealth)1974directamente, en segunda rolda
Trinidad e TobagoMonarquía Constitucional (Reino da Commonwealth)1976polo parlamento

Lista de antigas repúblicas parlamentarias

PaísAno de comezo da república parlamentariaAno do cambio de statusCambiado aStatus cambiado por
Segunda República Española19311939Ditadura franquistaVitoria franquista na guerra civil
Francia Cuarta República Francesa19461958República semipresidencialista (Quinta República Francesa)Inestabilidade política
Fidxi19872006Directorio militarGolpe de estado

Notas

Véxase tamén


🔥 Top keywords: