Circuíto de Boavista

Circuíto de Boavista
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración1958
Outros nomesCircuíto Internacional de Porto
CarreirasFórmula 1; WTCC; Fórmula Master Internacional
LocalizaciónPorto, Portugal Portugal
Capacidade
Lonxitude7,407 km
Curvas12
Volta rápida (1960)2:27.530[1]
Piloto récord John Surtees
Escudería récordLotus-Climax
Coordenadas8°40′24″O / 41.170472222222, -8.67325
Vista do Circuíto
Trazado actual[2]

O Circuíto de Boavista foi un circuíto de carreiras urbano de Fórmula 1 en Porto, Portugal, usado dúas veces para albergar o Gran Premio de Portugal.

O trazado comezaba fronte o mar na "Esplanada do Rio de Janeiro", continuaba pola "Avenida da Boavista" (do cal o circuíto herdou o seu nome), e logo se curvaba a través de pequenos barrios residenciais ata volver á liña de meta. Sendo sede por primeira vez dun evento de automobilismo en 1958, o circuíto de Boavista levaba aos pilotos a incribles velocidades por entre pequenas casas, e por sobre rúas empedradas.

A carreira de 1960 foi moi desgastadora, pois só catro autos finalizaron dentro das 5 voltas do gañador Jack Brabham. Accidentes e problemas mecánicos terminaron cedo o día para pilotos como Moss, John Surtees, Phil Hill, Graham Hill, entre outros.

Todos os gañadores de Fórmula 1,no circuíto de Boavista

AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de
1958 Stirling MossVanwall2:11:27.80 h7´407 km.50169´028 km/h24. agostoPortugal Portugal
1960Australia Jack BrabhamCooper-Climax2:19:00.03 h7´407 km.55175´849 km/h14. agosto

Anos recentes

O circuíto foi revivido en 2005, mantendo case o mesmo trazado con só axustes menores e uns cantos km que se lle engadiron. Actualmente cada dous anos córrese o Gran Premio Histórico do Porto, con autos de época dos anos 1930 e 1940, ademais de mostras de automóbiles novos e exhibicións. En 2007, o circuíto albergou unha carreira do World Touring Car Championship (WTCC).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas