Circuíto de Pedralbes

Circuíto de Pedralbes
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
LocalizaciónEspaña Barcelona, España
Lonxitude6´316 km
Curvas6
Volta rápida (1951)2:16.93
Piloto récordJuan Manuel Fangio
Escudería récordAlfa Romeo
Coordenadas2°07′11″L / 41.389659, 2.119648
Vista do Circuíto

O Circuíto de Pedralbes é un circuíto de carreiras urbano situado nas rúas do barrio de Pedralbes de Barcelona, España, no que se celebraron carreiras de motocicletas e de automóbiles entre 1946 e 1955. Foi o primeiro circuíto español no que se celebraron carreiras de Fórmula 1.

Tiña unha lonxitude de 6.316 metros. Estaba delimitado polas rúas Avenida do Generalísimo Franco (actual Avenida Diagonal), Numancia, Paseo Manuel Girona, Avenida da Victoria (actual Avenida de Pedralbes) e estrada de Cornellà a Forgas de Tordera (actual Avenida de Esplugues).

Acolleu dous grandes premios de Fórmula 1, en 1951 e 1955.

O desastre ocorrido no circuíto da Sarthe en 1955 provocou un troco nas medidas de seguridade dos circuítos que obrigou a clausurar o circuíto de Pedralbes. Barcelona concibiu entón outro circuíto urbano en Montjuic, o circuíto de Montjuic.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Pedralbes

AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de
1951 Juan Manuel FangioAlfa Romeo2:46:54.10 h6´316 km70158´939 km/h28. OutubroEspaña España
1954 Mike HawthornFerrari3:13:52.16´316 km80156´378 km/h24. Outubro

Véxase tamén

  • Penya Rhin Grand Prix